Escrito por carral, o 27 Outubro 2011 17:23
Os máis pequenos da escola (niveis 0/1 e 1/2) celebramos hoxe a festa do magosto,, decoramos a escola, comimos castañas asadas, xogamos con follas, bailamos, cantamos a canción da Castaña e trouxemos a escola un colar de castañas feito na casa coas familias. Gustounos moito a festa de outono,, para o ano que ven máis e mellor….aquí vos ensinamos o ben que o pasamos hoxe..
Publicado en Aula DOMADORES, Aula MAGOS, CURSO 2011/2012 | 2 Comentarios »
Escrito por carral, o 18 Outubro 2011 23:31
Benvido outono!! coa chegada do outono, experimentamos cos elementos típicos destas datas na aula dos “MAGOS”, (ourizos, castañas,landras, follas, etc..) e tamén pintando castañas para a festa do magosto.. foi moi interesante.. aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos estos días..
Publicado en Aula MAGOS, CURSO 2011/2012 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 2 Outubro 2011 01:07
Así foron os primeiros días de setembro na aula dos “MAGOS”, foi unha adaptación bastante curta e sinxela. Dado que comezaron 5 nen@s novos e integráronse moi ben no grupo. Esperamos que desfruten moito ó longo deste fermoso curso. BENVIDOS: ANA, DIEGO, IRIA, XIÁN E XOEL!!!
Publicado en A NOSA ESCOLA, Aula MAGOS, CURSO 2011/2012 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 14 Xuño 2011 14:48
Na semana do medio ambiente visitáronnos diversas mascotas que nos fixeron desfrutar moito como: uns paxariños, unha tartaruga e uns peixes.. a algúns gustáronnos moito e a outros asustáronnos..aínda así foi unha bonita experiencia… gustaríanos repetir!!
Na semana da familia como xa vos amosamos colaboraron moito con nós os papás e mamás facendo instrumentos, tamén trouxemos as familias á nosa aula,, e ainda seguen aquí.. como podedes ver…
Publicado en AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), FAMILIAS, Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 9 Xuño 2011 09:10
As aulas de guitarra e violín recibiron a semana pasada a visita dos animaliños dos seus alumnos. Tivemos de todiño; cans, pitiños, tartarugas, coellos, gatos, páxaros, peixes que foron moi ven acollidos nas aulas. Algúns nenos fixeronse os valentes e outros xa eran moito máis atrevidos e tanto lles tiña que fosen pitiños, gatiños, páxaros etc que querían tocar, coller, xogar coas nosas visitas.. je,je,je…de seguro que algunhas visitas foron algo agotadiñas de xogar tanto. Outros puxeronse bastante tristes cando tiveron que deixar voltar para o fogar o seu animaliño.
Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 31 Maio 2011 19:15
Na escola durante a semana da familia propuxemos no centro que realizasen no fogar algún que outro instrumento, aproveitando así tamén a temática deste curso. Quedaron moi chulos, e incluso algún moi personalizado. Así que aproveitamos para facer unha exposición por toda a escola. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e imaxinación.

Etiquetas: creatividade, FAMILIAS, instrumentos
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), FAMILIAS, SAXOFÓN-GRUPO TARDES, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 26 Maio 2011 14:38
As familias de maracas e tambor estiveron moi traballadoras estes días, recopilaron materiais de refugallo e con eles elaboraron instrumentos musicais moi orixinais e divertidos.¡Moitas gracias por colaborar!

Publicado en AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), FAMILIAS, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 26 Maio 2011 14:34
Os peques das aulas de tambor e maracas pintamos con chocolate no xardín. Ummmm¡ Foi unha experiencia moi divertida e especialmente rica, aínda que algúns resistíronse a probar este manxar.Despois de tanto trafego e tanta calor déronnos un bo baño que nos refrescou!!!!!!!
Publicado en AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 24 Maio 2011 18:29
Nas aulas violín e guitarra convertemonos en pequenos pizzeros por un día. Por ser a nosa primeira pizza na escola a base xa viña feita, para darnos unha pequena axudiña, así que o que tiñamos que facer era extender primeiro a salsa de tomate, engadir o queixo e chourizo ademais adornámola con olivas e engadimoslle ourego. A pouquiños fomos a cociña a ver como se facían no forno da nosa escola. Como non, as pizzas estaban estupendas. Para a próxima, a ver se nos animamos a facer a masa.

Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 4 Maio 2011 13:36
A semana do 25 ó 29 de abril celebramos nas aulas de maracas e tambor a semana do libro; cada nen@ trouxo o seu conto favorito para compartir cos seus compañeiros.
Tamén estrenamos o noso libro de texturas,, “TOCA TOCA”que foi todo un éxito!!
Publicado en AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), curso 10/11 | Non hai comentarios »