Aprendemos experimentando

Nun intento de propiciar aprendizaxes axustadas ás posibilidades e características evolutivas dos nenos e nenas, seleccionamos dúas das modalidades máis idóneas para posibilitar unha aprendizaxe de calidade: obradoiros e experiencias. Estes baseados na maneira máis natural que teñen os nenos e nenas de aprender a estas idades: manipulando, xogando, compartindo, actuando, pensando e imitando os seus compañeiros e as persoas adultas.

Nos obradoiros o que se pretende é conseguir un “produto” acabado (un bocadillo, poñer a mesa, realizar un obxecto decorativo…) e non só a manipulación e experimentación espontánea cos materiais, obxectos, etc. propios das experiencias.

Nestes primeiros meses, despois do longo e intenso período de adaptación (Xa estamos todos adaptados, GRAZAS pola vosa colaboración!!!) comezamos traballando as experiencias.