Os alimentos
Escrito por Equipo Educativo, o 12 Maio 2011 10:06
Durante o mes de abril traballamos os alimentos isto é o resumo de casi todo o que fixemos…
Durante o mes de abril traballamos os alimentos isto é o resumo de casi todo o que fixemos…
O pasado venres 25 de xuño celebramos a festa de fin de curso na nosa escola. Aquí deixámosvos un vídeo como mostra do que aconteceu nesa tarde.
Despois do noso período de adaptación entre os meses de abril e de maio deste ano (xa que foi cando abrimos as nosas portas), algunhas das nosas familias contáronnos como foi a súa experiencia:
Benvidos e benvidas á nosa escola!!!
A Escola Infantil de Cotobade está situada na parroquia de Tenorio, na zona destinada para os centros educativos - escola infantil de 0-3, o CEIP de Tenorio, e o IES de Cotobade - ,así como un dos dous pavillóns deportivos que ten o concello. Ademais, o centro ofrécenos a posibilidade de gozar dun contorno de zonas verdes e do paso do río Lérez polos arredores.
A escola pertence á rede de escolas infantís de Galicia de 0-3, sendo unha das 93 que están actualmente en funcionamento. Consta de 5 unidades, unha de 0-1, dúas de 1-2 e dúas de 2-3, tendo capacidade para 74 crianzas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.
Neste curso 2009/2010 están matriculadas 32 crianzas, polo que soamente temos ocupadas tres das cinco unidades dispoñibles. Este feito fíxonos adecuar os espazos, aproveitando unha das aulas como sala das experiencias e a outra como a de sono. Tamén dispoñemos dun amplo corredoiro que usamos como recanto de biblioteca e de teatrillo. Outra sala indispensable é a de usos múltiples, adicada a comedor e sala de psicomotricidade, así como de patio interior para os días que chove. Pero uns dos espazos que máis lles gustan aos nenos e nenas e tamén ao persoal da escola son os exteriores, porque nos ofrecen moitas posibilidades de xogo.
Na escola traballamos actualmente oito persoas, sete do persoal educativo e un do persoal de servizos, ademais do cociñeiro.
Comezamos a nosa actividade cos nenos e as nenas e as súas familias na primeira semana de abril, na que tivemos as entrevistas persoais coas nais e pais, unha xuntanza xeral onde se explicou o funcionamento da rede, as normas de convivencia da nosa escola e as pautas xerais do período de adaptación.
E rematamos a semana cunha xornada de portas abertas, á que asistiron todas as crianzas con algún familiar (nai, pai, avós, madriñas…) para a primeira toma de contacto dos nenos co seu centro educativo.
Á semana seguinte, o luns 12 de abril comezamos o período de adaptación coa incorporación progresiva dos nenos á escola .