Arquivos da categoría ‘Colaboración das familias’
Escrito por Equipo Educativo, o 22 Marzo 2011 12:44
A egua Gitana visita a nosa escola
Escrito por Equipo Educativo, o 16 Marzo 2011 17:56
A semana do Meco
Escrito por Equipo Educativo, o 11 Marzo 2011 09:58
Xa chegou o Entroido!!
Escrito por Equipo Educativo, o 25 Febreiro 2011 15:54
Familias, necesitamos a vosa colaboración!!
Escrito por Equipo Educativo, o 12 Xaneiro 2011 18:32
Como sabedes durante estes días na escola estamos investigando sobre os diferentes tipos de vivendas.
Por iso necesitamos que acheguedes recortes de diferentes vivendas (casa, iglú, tipi, castelo…), interiores de vivendas, exteriores, elementos que podemos atopar nesas vivendas, por exemplo: un baño, unha cama, etc…
Ademais se tedes videos, peliculas, cancións, fotos… onde aparezan esas vivendas, tamén podedes achegala a escola para poder coñecer máis cousas de elas. Por exemplo, se un día visitastes algún castelo podedes traer as fotos para velo!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Aaaaaaaaaaaxuda!!
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Outubro 2010 21:25
Ola Familias, unha vez máis necesitamos a vosa axuda. Gustaríanos que colaborades traendo brick de leite ou zume (valeiros!!) para poder facer unha actividade.
Grazas!!
Un saúdo.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración, sen a vosa axuda non poderiamos levar a cabo a actividade que temos prevista. Polo de agora non imos necesitar máis cartóns pero seguro que pronto volveremos a pedir a vosa participación, ademáis pronto saberedes o que estamos a tramar!!jejejejeje!
MOOOOITAS GRAZAS!!!
Un caracol chegou á escola
Escrito por Equipo Educativo, o 5 Outubro 2010 13:34
Ola Familias!!
Un caracol chegou á escola esta mañá, pero temos un problema, non sabemos o que come!!!!
Podédesnos axudar?? Vós sabedes o que come?

un saúdo
Museo do Outono
Escrito por Equipo Educativo, o 30 Setembro 2010 10:38
Prezadas familias,
Na escola estamos investigando sobre o outono, e gustaríanos que nos axudárades. Precisamos que nos traiades produtos do outono (castañas, uvas, cogumelos, follas, cabazas, etc.) para poder experimentar e facer o noso pequeno “Museo do outono”.
Así mesmo, agradecemos a colaboración a todas as familias que xa estades aportando o material.
Un saúdo,
O Equipo educativo.
Chamamento ás familias
Escrito por Equipo Educativo, o 16 Xuño 2010 11:28
Na Aula Laranxa necesitamos os tubos de cartón dos rolos de papel hixiénico ou de papel de cociña. Pedimos a colaboración de todas as familias da escola para que nos axuden!! Podedes deixalos nunha caixa que está a entrada da escola!
Un saúdo e graciñas por adiantado!!




















