Arquivos da categoría ‘Curso 2009/2010’

Aniversarios de agosto

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Setembro 2010 11:53

Estes foron os aniversarios que celebramos no mes de agosto:

 

Experimentamos coa auga

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Agosto 2010 14:25

Ficha técnica da actividade

TÍTULO

Experimentamos con auga

IDADE A QUE VAI DIRIXIDA

1-3 anos

XUSTIFICACIÓN

Coa chegada do calor, as actividades con auga son as que máis se axustan as necesidades da escola, aos nen@s gustalles moitos xogar coa auga, transvasala, bebela…

MATERIAIS

  • Auga

  • Contedores para auga

  • Cubiteiras

ESPAZOS

Espazos exteriores da escola

DESENVOLVEMENTO

Esta actividade desenvolveuse en varias xornadas:

  • Manipulamos xeo no que experimentamos as diferentes temperaturas e estados do auga.

  • Experimentamos coas cousas que flotan ou se afunden.

  • Fixemos actividades de soprar na auga

  • Traballamos con auga e espuma.

  • Experimentamos os cambios que se producen nos obxectos ao mollalos.

  • Experimentamos as sensacións da auga en todo o corpo.

AVALIACIÓN

Observación directa dos nenos/as, que se plasmará no diario da aula.

Non vós preocupedes se os vosos fill@s non saen esta vez, seguro que para a seguinte

Festa de fin de curso

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Xullo 2010 15:05

O pasado venres 25 de xuño celebramos a festa de fin de curso na nosa escola. Aquí deixámosvos un vídeo como mostra do que aconteceu nesa tarde.

festa-fin-de-curso

Saída ao “cole de maiores”

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Xullo 2010 15:39

Grazas á colaboración co CEIP Tenorio puidemos realizar estas actividades co fin de facilitar a incorporación á nova escola. Estas actividades realizámolas coordinadas coa que será a súa futura mestra no colexio, Maite.

saida-a-escola

Parabéns Miguel e Marcos

Escrito por Equipo Educativo, o 6 Xullo 2010 23:47

O venres 2 de xullo festexamos o aniversario de Miguel e de Marcos, pasámolo fenomenal.

 

 

 

As familias falan do seu período de adaptación

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xullo 2010 18:54

Despois do noso período de adaptación entre os meses de abril e de maio deste ano (xa que foi cando abrimos as nosas portas), algunhas das nosas familias contáronnos como foi a súa experiencia:

video-de-periodo-de-adaptacion

Parabéns Nerea

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Xullo 2010 11:00

O venres 25 de xuño festexamos o aniversario de Nerea, pasámolo moi ben!!!

O CESTO DOS TESOUROS

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Xuño 2010 19:44

Ficha técnica da actividade

TÍTULO

O cesto dos tesouros

IDADE A QUE VAI DIRIXIDA

Grupo 0 – 1 anos.

XUSTIFICACIÓN

É unha actividade de exploración que permite o neno/a despertar os sentidos (tacto, olfato, gusto, oido e a vista) a través da manipulación dos obxectos.

MATERIAIS

- O cesto

- Utensilios domésticos de uso cotidiá (de madeira, metálicos, de cartón …….)

- Materiais da natureza ( piñas, pedras ……)

- Outros materiais como teas, obxectos de pel ……

ESPAZOS

Aula 0-2 anos

DESENVOLVEMENTO

Colocamos o cesto nun sitio tranquilo da aula, e os nenos/as ao redor para que eles mesmos exploren. As educadoras manteremonos nun segundo plano observando as reaccións dos nenos/as.

AVALIACIÓN

Observación directa dos nenos/as, que se plasmará no diario da aula.

PARABÉNS LUCIA

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Xuño 2010 23:58

O xoves dez de xuño celebramos o aniversario de Lucia, que ben o pasamos ………..

Experimentamos co gusto

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Xuño 2010 11:33

Ficha técnica da actividade

TÍTULO

Experimentamos co gusto

IDADE A QUE VAI DIRIXIDA

Grupo 1-2, 2-3 anos

XUSTIFICACIÓN

Escollemos esta experiencia para que as crianzas aprecien as diferentes sensacións que producen os alimentos según sexan salgados, doces, amargos ………

MATERIAIS

  • Aceitunas, sal, marmelo, zucre, chocolate negro, mermelada, limón, pomelo e melón.

  • Pratos

ESPAZOS

Aula de experimentación do noso centro

DESENVOLVEMENTO

Esta actividade desenvolveuse en catro días coa degustación de alimentos de diferentes sabores: ácido, doce …..

  1. Probaron alimentos salgados (aceitunas e sal) e doces (marmelo e zucre).

  2. Probaron alimentos amargos (chocolate negro) e doces (mermelada de melocotón).

  3. Probaron alimentos ácidos (limón e pomelo) e doces (melón).

  4. Por último os nenos e nenas visualizaron un vídeo da experiencia realizada.

AVALIACIÓN

Utilizaremos para realizar a avaliación unha escala de observación, onde podemos analizar as diversas accións que realizan nesta actividade.