Subida das cotas

Como seguramente xa sabedes pola prensa, para o curso 2012-2013 van a subir as cotas das escolas infantis 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

O máximo que se estaba a pagar pola xornada completa eran 110 euros, a media xornada 55, o comedor 33 e as merendas 1 euro por cada merenda. A partir do curso que ven a xornada completa pasará a custar 160 euros, a media xornada 80 e o comedor 70 euros. Do prezo das merendas aínda non se sabe nada.

Para mellor información pinchade aquí, onde se publica o decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén estará exposto no taboleiro de anuncios da escola.

Esta aplicación será efectiva  a partir do mes de setembro de 2012.

Etiquetas: , , , ,

2 respostas para “Subida das cotas”

  1. bitiña Di:

    moitas gracias pola información. A min o que me gustaría saber tamén é como poder facer unha reclamación ó señor Feijoo, porque despois de 10 anos sen subiren os prezos, non creo que este sea o mellor momento. Tamén me gustaría que nos explicarades en qué vai afectar realmente as proximas privatizacións das escolas.
    un saudo

  2. eiris Di:

    Ola Bitiña, primeiro darche as grazas por seguirnos tanto no blogue. Con respecto á privatización das escolas estamos igual ca ti, non sabemos nada de nada. E sobre o de mandarlle unha reclamación ó señor Feijoo, intentaremos buscar a información e transmitirémoscha.
    Segundo vaiamos tendo información sobre as novas escolas privatizadas tamén volo faremos saber.
    Un saudiño.

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe