Imos á biblioteca!!!

A aula das Nécoras e a dos Peixes fomos de visita á biblioteca. Para chegar ata alí fomos dando un paseo. Ó chegar as bibliotecarias contáronnos dous contos que nos gustaron moito, sobre todo o primeiro porque xa o coñeciamos, era “Garavanciño”. Cando rematamos de escoitar os contos cada un colleu o conto que máis lle gustou e púxose a lelo. Logo tivemos que colocalo no se sitio como nos explicaron as bibliotecarias. Porque tamén aprendemos que hai un conto para cada idade e que temos que coidalos moito.

E como nos portamos tan ben, viñemos cargados con dúas maletas de contos para a escola!!!

E unha vez máis temos que agradecer ás familias a súa colaboración por acompañarnos neste día. MOITAS GRAZAS!!!

Etiquetas: , , , ,

Unha resposta para “Imos á biblioteca!!!”

  1. Bitiña Di:

    Que majas son as bibliotecarias do “castri” e que pacencia teñen de aguantarnos ás tardes por ali, revolvendo todo e berrando jejejjee. E que maiores estes Peixes e polas fotos parece que se portaron ben non? A ver cando os polbiños saian do mar, si se portan tan ben!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe