Letras galegas

Para a celebración das Letras Galegas tivemos a gran sorte de contar cunha super actuación de baile galego da man de Telmo e Icía. Telmo e Icía son os irmáns maiores de Fuco, da aula dos peixes.

Primeiro limos un poema de Valentín Paz Andrade por ser o seu día, e logo Telmo e Icía ensináronnos como se tocan algúns dos instrumentos que temos na escola.

E como todo o bo se fai esperar deixáronnos o baile para o final. Qué ben o fixeron!!!

Portáronse tan ben que ata nos ensinaron uns pequenos pasos.

Moitas grazas a Telmo e Icía por este día tan marabilloso.

Volvede cando queirades!!!

Etiquetas: , , , ,

Unha resposta para “Letras galegas”

  1. maria Di:

    punta tacon!!punta tacon!!salto salto!!que ben menean as zocas estes rapaces!!!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe