San Xoán

Chegou o verán e con el unhas meigas que nolo fixeron pasar moi ben nunha festa chea de emocións. Primeiro, ao longo da semana preparamos os nosos desexos de San Xoán, e cando chegou o gran día preparamos a nosa “cacharela” con troncos de verdade e todo!

Pola tarde apareceron as meigas, que nos contaron os seus segredos e o ritual da auga de San Xoán, que preparamos entre todos.

Saltamos a “cacharela” e despois os maiores nos deleitaron cunha actuación chea de cancións moi marchosas, para rematar coa entrega de diplomas e birretes, aínda que o vento non os deixaba nas cabezas moito tempo.

Para acabar, como todo San Xoán que se prece, a sardiñada e churrasco que trouxeron e cociñaron os pais e nais e estaba boísimo! Grazas a todos por asistir e agardamos que o pasásedes tan ben coma nós.Feliz verán a tódalas familias!

Etiquetas: , , ,

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe