Arquivos da categoría ‘- A nosa andaina 11-12’

Letras galegas

Escrito por eiris, o 23 Maio 2012 08:16

Para a celebración das Letras Galegas tivemos a gran sorte de contar cunha super actuación de baile galego da man de Telmo e Icía. Telmo e Icía son os irmáns maiores de Fuco, da aula dos peixes.

Primeiro limos un poema de Valentín Paz Andrade por ser o seu día, e logo Telmo e Icía ensináronnos como se tocan algúns dos instrumentos que temos na escola.

E como todo o bo se fai esperar deixáronnos o baile para o final. Qué ben o fixeron!!!

Portáronse tan ben que ata nos ensinaron uns pequenos pasos.

Moitas grazas a Telmo e Icía por este día tan marabilloso.

Volvede cando queirades!!!

Axudemos a Lola

Escrito por eiris, o 18 Maio 2012 08:04

Dende a escola de Eirís xa hai unhas cantas semanas que estamos a colaborar coa causa de Lola.

Lola é unha nena de 3 anos que vive na Coruña. Naceu con parálisis cerebral e necesita someterse a uns tratamentos e operacións moi costosos.

Se entregades os vosos tapóns, pódense reciclar e con elo, poderase obter diñeiro para axudar á pequena Lola.

Ó longo destas semanas fostes moitos os que colaborastes, por iso vos animamos a que o sigades facendo!

Maio, o mes das flores

Escrito por eiris, o 18 Maio 2012 07:48

Como sabedes Maio é o mes das flores por excelencia, por iso dende a escola quixemos facer o noso propio maio.

Cada aula fixo as súas flores con distintos materiais o longo de todo a semana para o día da celebración adornar o maio.

Mirade que fermoso nos quedou!

Tamén tivemos un pequeno recital no que a aula dos peixes nos deleitou cunha cantiga moi fermosa sobre a primavera. E aquí vola deixamos para que todos a coñezades

PRIMAVERA

Yo te lo voy a contar,

y lo vas a adivinar…

Un campo lleno de flores,

una mariposa azul,

una mariquita roja…

¿En qué estación estás tú?

Un grillo haciendo cri cri

en la valla del jardín

y la lluvia que me moja

un día no y otro sí.

Un pajarito piando

con su mamá va volando.

Se asoman a mi ventana…

¿Qué estarán ellos mirando?

La semilla que ya crece

y se convierte en flor,

y los jardines parecen

un gran lago de color.

Llegó mi prima contenta

y todo el mundo la espera;

me sonríe, muy feliz,

mi prima, la PRIMA… VERA

Programa Akal

Escrito por eiris, o 16 Maio 2012 08:58

Chegou a  escola o programa Akal e con él un conto marabilloso que nos deixou entusiasmados.

O programa Akal ensínanos entre outras cousas a consumir de xeito responsable. Debemos coñecer as opcións de compra xa que coa nosa forma de consumir podemos influír no mercado dunha forma directa. Aprendamos a consumir dun xeito máis crítico e responsable.

Tamén nos ensinan en que consiste o comercio xusto. Constitúe unha alternativa ás formas de comercio tradicional coa creación de canles comerciais orientados cara a un desenvolvemento integral con sustentabilidade económica, social e ambiental.

Viñeron dúas rapazas que nos contaron o conto de Area. Area era un nena que estaba de aniversario e quería moitos agasallos e unha tarta moi grande. Pero os seus pais dixéronlle que este ano non ía ter ningún agasallo. Area enfadouse e púxose moi triste. Pero Area non tiña porque enfadarse porque o día do seu aniversario estaban todas as súas amigas e os seus amigos con ela. E houbo unha gran sorpresa, unha tarta enorme con forma de tren! E de agasallo unha caixa de cartón grandísima coa que todos os nenos e nenas xogaron e o pasáron moi ben. Area déuse conta de que non necesitaba moitos agasallos para pasar un día xenial con todos os seus seres queridos.

Moitas grazas ó programa Akal por contar connosco para ensinarnos a ter un consumo máis responsable. A ver si é verdade!

O día do libro

Escrito por eiris, o 16 Maio 2012 08:21

Para commemorar o día do libro decidimos facer un marcapáxinas para poñer nos nosos contos preferidos.

Primeiro pintamos un cachiño de cartón e logo a nosa inicial para despois deixalos a secar. Unha vez secos démoslles os últimos retoques para que quedasen aínda máis bonitos.

Estamos desexando utilizalos!!!

A escola de Eirís colabora con Banco de alimentos Rías Altas

Escrito por eiris, o 8 Maio 2012 13:31

A escola de Eirís en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas levou a cabo unha campaña solidaria cos máis desfavorecidos da Coruña.

Unha vez máis queremos agradecer ás nosas marabillosas familias a súa aportación, que foi moi grande. Foi todo un éxito! E para mostra un botón!

Mudanza! a biblioteca cambia de lugar

Escrito por eiris, o 8 Maio 2012 13:13

Para que sexa máis accesible decidimos mudar a biblioteca de sitio. Así, agora poderédela atopar no pasillo. O funcionamento segue a ser o mesmo. Animámosvos a que sigades levando contos para a casa para ler en familia.

Menú do mes de Maio

Escrito por eiris, o 7 Maio 2012 07:10

Xa tedes a vosa disposición, aínda que un pouco tarde, as comidas e merendas do mes de Maio. Bo proveito!

pures-4-mayo-2012

basal-4-mayo-2012

plvhuevo-4-mayo-2012

meriendas-chocolate-4-mayo-2012

Imos á biblioteca!!!

Escrito por eiris, o 8 Febreiro 2012 15:01

A aula das Nécoras e a dos Peixes fomos de visita á biblioteca. Para chegar ata alí fomos dando un paseo. Ó chegar as bibliotecarias contáronnos dous contos que nos gustaron moito, sobre todo o primeiro porque xa o coñeciamos, era “Garavanciño”. Cando rematamos de escoitar os contos cada un colleu o conto que máis lle gustou e púxose a lelo. Logo tivemos que colocalo no se sitio como nos explicaron as bibliotecarias. Porque tamén aprendemos que hai un conto para cada idade e que temos que coidalos moito.

E como nos portamos tan ben, viñemos cargados con dúas maletas de contos para a escola!!!

E unha vez máis temos que agradecer ás familias a súa colaboración por acompañarnos neste día. MOITAS GRAZAS!!!

Que é para nos a paz?

Escrito por eiris, o 7 Febreiro 2012 10:09

Para nos a paz non é só que non haxa guerra, senón algo moito máis sinxelo. Conformámonos con uns bicos e unhas apertas tódolos días. Por iso o noso xeito de celebrar este día foi contando dous contos, un titulado “Bicos” e outro “Apertas”.Ó remate démonos moitos bicos e moitas apertas entre todos. E para rematar esta celebración pintamos os beizos e démoslle un bico” a nosa pombiña da Paz”.

Esperamos que coma o día de hoxe sexan tódolos que veñan de agora en diante.