Menús
Escrito por eiris, o 27 Marzo 2013 17:23
Colgamos os menús do mes de abril. Esperamos que sexan do voso agrado.
Colgamos os menús do mes de abril. Esperamos que sexan do voso agrado.
Só unhas liñas para lembrarvos que o vindeiro mércores 20 de marzo remata o prazo tanto para renovación de prazas coma para a preinscrición de solicitude de novas prazas. O horario para entregar estes documentos é de 9:30 a 16:00 horas.
Ca chegada da primavera, a ANPA A Carolina, en colaboración coa escola, quere celebrar un obradoiro moi especial que terá lugar o próximo xoves 21. Agardando que vos apuntedes e o disfrutedes moito, aquí vos deixamos a información completa:
Non vos esquezades do material que precisades para poder traballar moito!
Un espazo para a reflexión e a comunicación entre as artes escénicas e a educación, nas que haberá mesas-debate, teatro e un obradoiro. No Forum Metropolitano.
Sábado 16:
- 11:00 h.: Mesas de debate con Agustín Lorenzo, Carlos Herans, Pilar López y Pury Estalayo.
- 16:30 h.: Obradoiro de contacontos impartido por Trinke (aforamento limitado)
- 19:00 h.: Elefante Elegante presenta “Nabunga” (a partir de 4 anos)
Domingo 17:
- 12:30 h.: Caramuxo Teatro presenta “Ñam” (de 1 a 6 anos)
Lugar:
Forum Metropolitano
r/ Monelos, s/n 15006 A Coruña
Información:
Gatea Teatro
gatea.teatro@gmail.com
De conformidade co recollido no Regulamento de Réxime Interno, con carácter xeral, as escolas permanecerán pechadas no mes de agosto. Excepcionalmente, as familias que o precisen poderán solicitar o servizo neste mes.
O prazo remata o 31 de xaneiro e a solicitude pode recollerse na propia escola.
Lembrade, que as solicitudes que non vaian acompañadas da documentación acreditativa das circunstancias alegadas polos dous proxenitores (por ex. certificado empresa ) non serán estudadas.
Bos dias!!
Hoxe haberá reunión da Anpa ás 17:30 h na Escola Infantil de Eirís.
Animádevos!!!
Hoxe na escola celebramos a tan ansiada festa do Magosto e Samaín!!!
Víchedes que cabazas máis chulas trouxeron as familias, sodes uns artistas!!!
Os nenos/as da escola viñeron disfrazados de pantasmas, esqueletos, bruxas, demonios,…que guapos todos/as!!!
As profes Mª José e Isa, ensináronnos a poesía: “Chegou o outono”
sopra o vento.
O outono chegou,
empezou a chover.
O outono está moi ben,
porque eu castañas tomarei.
No parque xogarei,
cando o aire bote a correr.
E comemos mooooitas castañas… que boas están!!!E tamén bailamos ao son da música do Samaín!!!
Como sabedes o pasado venres 26 de outubro as aulas dos maiores: “Galiñas de Mos” e os “Porcos Celtas”, fixeron a súa primeira saída á Biblioteca do Castrillón.
Introducir a literatura infantil na escola e na casa é unha forma de achegamento na vida das crianzas; aporta estímulos lúdicos que xeran motivación para o desenvolvemento da lingua, achegando novas situacións e axudando á construcción de frases e formas de expresión cada vez máis amplas.
Co uso da biblioteca ademais de avanzar no coñecemento do mundo que nos rodea, as crianzas, aprenderán os valores de compartir, valorar e coidar a propiedade allea; o momento da lectura propiciará un ambiente relaxado e íntimo onde as crianzas crearán pouco a pouco afición pola lectura.
En xeral, a lectura ten unha gran importancia no desenvolvemento e maduración dos nenos/as, constitúe un vehículo para a aprendizaxe, para o desenvolvemento da intelixencia e para a adquisición da cultura.
A lectura ten múltiples ventaxas, xa que non só proporciona información (instrución) senón que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise, esforzo, concentración… e recrea, fai gozar. entretén e distrae.
Como vedes a lectura aporta moitas cousas aos nosos cativos. E como mostra deixamos unhas poucas fotos da nosa 1º saída…
Primeiro preparámonos para saír, facendo un longo tren pi, pi, pi!!!
Mirade que ben facemos o tren cando saímos á rúa, somos uns campeóns e campeonas!!!
Chegamos á biblioteca!!! hai que estar moi caladiño…
Alicia e María contáronnon moitos contos chulísimos!!

Logo, puidemos escoller nós os que máis nos gustaron e traelos á escola na nosa “Maleta viaxeira”
Que ben o pasamos, xa temos gañas de que chegue a próxima saída á biblio…