Saída á Biblioteca do Castrillón: Cando se le, apréndese.
Escrito por eiris, o 31 Outubro 2012 14:11
Como sabedes o pasado venres 26 de outubro as aulas dos maiores: “Galiñas de Mos” e os “Porcos Celtas”, fixeron a súa primeira saída á Biblioteca do Castrillón.
Introducir a literatura infantil na escola e na casa é unha forma de achegamento na vida das crianzas; aporta estímulos lúdicos que xeran motivación para o desenvolvemento da lingua, achegando novas situacións e axudando á construcción de frases e formas de expresión cada vez máis amplas.
Co uso da biblioteca ademais de avanzar no coñecemento do mundo que nos rodea, as crianzas, aprenderán os valores de compartir, valorar e coidar a propiedade allea; o momento da lectura propiciará un ambiente relaxado e íntimo onde as crianzas crearán pouco a pouco afición pola lectura.
En xeral, a lectura ten unha gran importancia no desenvolvemento e maduración dos nenos/as, constitúe un vehículo para a aprendizaxe, para o desenvolvemento da intelixencia e para a adquisición da cultura.
A lectura ten múltiples ventaxas, xa que non só proporciona información (instrución) senón que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise, esforzo, concentración… e recrea, fai gozar. entretén e distrae.
- A lectura axuda no desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe.
- A lectura da facilidade para expoñer o propio pensamento e posibilita a capacidade de pensar.
- É unha ferramenta extraordinaria de traballo intelectual xa que pon en acción as funcións mentais axilizando a intelixencia.
- Aumenta a bagaxe cultural, ademáis de satisfacer a curiosidade intelectual e científica.
- Esperta aficións e intereses, esixe unha participación activa e actitude dinámica.
- Potencia a capacidade de observación, de atención e concentración, e facilita a recreación da fantasía e o desenvolvemento da creatividade.
Como vedes a lectura aporta moitas cousas aos nosos cativos. E como mostra deixamos unhas poucas fotos da nosa 1º saída…
Primeiro preparámonos para saír, facendo un longo tren pi, pi, pi!!!
Mirade que ben facemos o tren cando saímos á rúa, somos uns campeóns e campeonas!!!
Chegamos á biblioteca!!! hai que estar moi caladiño…
Alicia e María contáronnon moitos contos chulísimos!!

Logo, puidemos escoller nós os que máis nos gustaron e traelos á escola na nosa “Maleta viaxeira”
Que ben o pasamos, xa temos gañas de que chegue a próxima saída á biblio…























