Anotacións coas etiquetas “nécoras”

O Bico, que é iso?

Escrito por eiris, o 7 Febreiro 2012 09:17

Pois iso foi o que tratamos de descubrir cunha actividade na que participou toda a escola.

A aula das nécoras fixo unhas galletas de cores con forma de corazón, beizos e bicos. Logo todos saímos ó patio e explicáronnos que os bicos son SUAVES, ATERCIOPELADOS, DE SABORES MOI RICOS E OLORES AÍNDA MÁIS RICOS. Despois de probar toda clase de bicos, contáronnos un conto chamado “Yo te quiero a ti, y tú me quieres a mí”.

Ademáis déronnos unha sorpresa, compartiron con todos as galletas que fixeran. E estaban BOIIIIIIIIISIMAS!!!

Como xa sabedes somos moi bailaríns, por iso rematamos a actividade compartindo bailes e música.