Visita dos Reis Magos!
Escrito por eiris, o 11 Xaneiro 2013 16:25
Este ano a visita dos Reis Magos foi toda unha sorpresa, aínda que co ben que se portaron estas crianzas non podían facer menos que visitarnos en persoa. Así, o venres día 4 tivemos o pracer de disfrutar da visita das súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. E non viñeron valeiros, trouxeron un montón de agasallos para a Escola que os pequenos e pequenas abriron con ledicia. Despois de tan grata visita que mellor que botar uns bailes para festexar! Ahí vos deixamos as imaxes do acontecemento.
Queremos agradecer a colaboración desinteresada de Humberto (pai de Priscila), Ana Belén (nai de Xoel e Andrea) e María (nai de Alma).




































