Arquivos da categoría ‘Escola Infantil Foz’

ABRINDO AS PORTAS Á CONVIVENCIA!!

Escrito por foz, o 2 Setembro 2010 09:07

03-bso-amelie-de-yann-tiersen-la-valse-damelie-yann-t

O primeiro día de setembro levamos a cabo na escola unha xornada de portas abertas!

Aquí vos amosamos, a través de imaxes, o ben que o pasamos!!


Xogamos no patio…

Arramplamos cos xogos das aulas!

Interaccionamos coas familias e exploramos a nosa aula…

E para rematar, probamos a lúa e movemos o esqueleto!!

XA ESTAMOS AQUÍ!!

Escrito por foz, o 20 Agosto 2010 13:39

Despois duns meses de adaptación

xa estamos aquí!

Comezamos esta nova andaina con moita ilusión

e moitas gañas de traballar e aprender!!

O Equipo Educativo da Escola Infantil de Foz está composto por:

2 mestras:

- Mon (directora)     - Loló

7 educadoras:

- Laura        - Ana        - Cris       - Fe

-María        - Elena           - Pili

Ademáis tamén contamos coa presenza dunha

PSX: - Esther, e dunha cociñeira: - Paz.

De agora en diante amosarémosvos todas as nosas experiencias e vivencias na escola (festas, aniversarios, menús, experimentos, noticias, circulares…).

Esperamos que sexa do voso agrado!!