Os Contos do País do Xeo

Escrito por Raquel, o 4 Marzo 2012 01:48

O mércores 29 de Febreiro visitaron a nosa escola, xente da escola de musica de Santiago para amosarnos un proxecto de educación musical: Os contos do país do xeo.

E así foi como @s cativos da nosa escola gozaron con este concerto:

 escolademusica

VENRES DE ENTROIDO!!

Escrito por Raquel, o 19 Febreiro 2012 19:26

ASÍ FOI COMO PASARON O VENRES DE ENTROIDO OS NEN@S DA NOSA ESCOLA!!

MIRADE O SEGUINTE VÍDEO!!!:

entroido2012

DIA 30 (Día da gran Despedida)

Escrito por tambre, o 17 Xuño 2011 02:08

 

ADEUS NENOS/AS

    O dia 30 sera un día triste para min en primeiro lugar por que os bidueiros da tarde ( 1-2 años) despedimos a un alumno excepcional e un compañeiro maravilloso e moi querido na aula a Duarte, pero ainda que teñamos que despedirnos alegramonos de que volte pra Ferrol por que ali esta toda a sua familia.

  E cando penso que pronto se ira da nosa escola, ainda recordo cando veu por primeira vez a nosa escola, era tan pequeno, un bebe recordecho, e agora marcha feito todo un chico.

  Pero como toda despedida ten un lado alegre, eu e os seus compañeiros da tarde despedimonos de Duarte, co maravilloso recordo de haber compartido con el un tempo de escola que xamais esqueceremos, gracias por ser como eres e non cambies nunca.

     E non te preocupes que deseguro na nova escola formaras novos amigos/as que te queran moito, e seguro que teras unha nova profe que te quera un monton como te quixen eu.

     Pero tamen ese dia terei que despedirme dos nenos/as de 2-3, que pena ter que despedir a tantos nenos/as que tras estos dous longos anos coñecein nenos/as que xamais esquecerei como ( Anxo, Martín, Bruno G, Yannick, Ainara, Ana, Iria( 2-3B), Victoria,Desi, Saul, Aroa, Hugo Rafael, Sara ( 2-3A), NIco, Iria (2-3 A), Ismael, Bruno V… e tantos outros  cos que compartin algun tempo de escola nestes dous largos cursos ,que sera dificil nomealos a todos.

   Con uns estiben mais tempo que con outros, o longo de estes dous cursos,pero de cada un dos nenos cos  que tiven  tempo de compartir un rato de escola, gardarei un recordo moi especial do tempo tan maravillosos compartido con eles, sobre todo dos nenos/as da tarde cos que mais tempo compartin na escola o longo deste tempo.

   Se que viran pronto outros nenos/as a nosa escola e alegrome de que os nosos nenos/as creceran e se vaian o cole de maiores, e xe desello que todo lle vaia ven no novo colexio, pero entristeceme ver marchar a alumnos tan maravillosos, non cambiedes nunca, e que sepades que as portas da escola estaran sempre abertas para que nos veñades visitar cando queirades.

    E non vos preocupedes que no novo colexio formaredes novos amigos/as e teredes unhas profes novas que vos queran un monton como vos quixemos as profes deste cole.

                                            Un bico e unha aperta a todos

                                                                 Rosana

 

 

Un mundo de posibilidades

Escrito por Raquel, o 5 Xuño 2011 13:57

PARA TOD@S AQUELES QUE NON POIDESTEDES IR A VISITAR O PROXECTO DE ARTE LEVADO A CABO POLAS ESCOLAS MUNICIPAIS: CONXO E FONTIÑAS, E AS ESCOLAS INFANTIS DE SAN ROQUE E TAMBRE COA COLABORACIÓN DO ARTISTA PLÁSTICO XESÚS CARBALLIDO, NA FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER, AQUI VOS DEIXO O VÍDEO QUE FORMABA PARTE DA EXPOSICIÓN:

mipelicula

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Escrito por Raquel, o 16 Maio 2011 22:56

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICASELLE A: LOIS PEREIRO. OS NEN@S DA ESCOLA INFANTIL QUIXERON COÑECER MAIS SOBRE EL. E FIXERONO A TRAVÉS DESTE CONTIÑO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

lois-pereiro

loispereiro05170152wmv

FESTIVAL DE ENTROIDO

Escrito por Raquel, o 24 Marzo 2011 00:19

O VENRES 4 DE MARZO, CELEBRAMOS NA NOSA ESCOLA UNHA FESTA DE ENTROIDO PARA OS NEN@S E AS SUAS FAMILIAS. QUE BEN O PASAMOS!!! TIÑAMOS ORELLAS, FILLOAS, DOCES…. CANTA LARPEIRADA!!!  PERO NON SO ERA COMER, TAMÉN HABÍA QUE PASALO BEN. POR ISO ORGANIZAMOS UN PEQUENO DESFILE, ONDE OS MELLORES DISFRACES LEVARON UN PREMIO. CANTOS DISFRACES!!!  TODOS DEBERÍAN GAÑAR!!! PERO NON TIÑAMOS TANTOS PREMIOS. E SENÓN OLLADE:

20110322 

O PERSOAL DA ESCOLA QUERE AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS A VOSA COLABORACION. SODES ESTUPENDAS!!! SEN A VOSA AXUDA ISTO NON SERÍA POSIBLE!!! MOITAS GRAZAS!!!

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

Escrito por Raquel, o 10 Marzo 2011 00:34

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE MARZO, NA ESCOLA ESTIVEMOS TRABALLANDO O ENTROIDO, A TRAVÉS DE DIFERENTES DISFRACES, E TAMÉN DAS MAQUILLAXES.

PARA ISO, CONTAMOS COA PRESENZA DUNHA MAMÁ (JULIA JIMENEZ) A CAL, NOS PROPUXO FACER UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE COS NEN@S. FOI UN ÉXITO, GUSTOULLES MOITO!!! VOTADELLE UN OLLO NO SEGUINTE VIDEO:

entroido

NEVE NO TAMBRE

Escrito por Raquel, o 16 Febreiro 2011 22:37

OS EFECTOS DA BORRASCA QUIRIN:

MÉRCORES 16 DE FEBREIRO DE 2011 AS 19:40 MINUTOS DA TARDE, COMEZOU A GRANIZAR MOI FORTE, E DEIXOU TODO O POLIGONO COMPLETAMENTE BRANCO. DE SEGUIDO COMEZOU A NEVAR E GRANIZAR…. BUFFF QUE PERIGOSO SE POÑIA AQUELO!!!. AS FAMILIAS DOS ULTIMOS NEN@S QUE QUEDABAN  NA ESCOLA MARCHABAN A TODA PRESA, PORQUE A SITUACIÓN CADA VEZ ERA PEOR. E INCLUSO O PERSOAL DO CENTRO E DE LIMPEZA APURARON AS SUAS TAREFAS PARA PODER SAIR DO POLIGONO. PERO ANTES DE MARCHAR, FIXEMOS UNHAS FOTIÑOS, PARA COMPARTIR CON VOS ESTA BONITA PAISAXE.

 

DÍA DA PAZ NA AULA DOS ACIVROS

Escrito por Raquel, o 6 Febreiro 2011 02:21

O 31 DE XANEIRO, OS PEQUE ACIVROS TAMÉN QUIXERON CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, QUE SE CELEBROU O DÍA 30. NESE DÍA OS PEQUES PINTARON AS SÚAS MANS DE BRANCO, E POSTERIOMENTE COA NOSA AXUDA FIXEMOS UNHAS POMBIÑAS, QUE LOGO COLOCAMOLAS XUNTO AS DO RESTO DOS COMPAÑEIROS DA ESCOLA. OUTRA ACTIVIDADE, FOI MANIPULAR PLUMAS DUNHA BOA, ALGUN PASOUNO MOI BEN XOGANDO CON ELAS, OUTROS NON LLE GUSTARON TANTO. LOGO COLLEMOS UNHAS POUCAS E PEGAMOLAS NUN MURAL CON FORMA DE POMBA. E POR ÚLTIMO, VOLTAMOS A PEDIR A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, QUE PARTICIPARAN CON NOS NUN MURAL TITULADO Á ARBORE DA PAZ, ONDE OS PAIS DEIXABAN UNHA MENSAXE DE PAZ. 

ASÍ FOI COMO PEQUENOS E MAIORES ENVIAMOS UNHA MENSAXE DE PAZ AO MUNDO!.

 20110206

 

30 DE XANEIRO: DIA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Escrito por Raquel, o 30 Xaneiro 2011 14:18

AQUI VOS DEIXO UNHAS CANCIÓNS PARA ESTE DÍA: