Arquivo de Decembro de 2010

BO NADAL!!!

Escrito por Raquel, o 25 Decembro 2010 17:05

TODO O PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE,

QUERE DESEXÁRVOS

 UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO 2011.

 

FELICES FESTAS!!!

Encontros de profesionais

Escrito por Raquel, o 19 Decembro 2010 16:06

Esta fin de semana no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, xuntaronse unha morea de profesionais das escolas de educación infantil de 0 a 3 anos. Entre eles atopamos a profesionais como Lois Ferradás (Decano da Facultade de Ciencias da Educacion da USC),  a Vicenç Arnaiz Sancho (Psicólogo, especialista en psicomotricidade e Presidente do Observatori da Infancia de Menorca) e Battista Quinto Borghi (Responsable pedagóxico do Servizo para a infancia da cidade Italiana de Turín e Docente na universidade de Bolzano). Ademais de escoitar a estes grandes  profesionais, tivemos a sorte de compartir experiencias con outr@s compañeir@s das distintas escolas.

Entre as diferentes experiencias atopábase a da nosa escola, titulada Camiño de Santiago. Levada a cabo por Irene e Raquel no curso 2009/2010 na aula de 2 a 3 anos chamaba a aula do botafumeiro.

Aqui vos deixamos un video con un dos anaquiños do que foi a explicación da nosa experiencia:

mov07762

Aviso

Escrito por Raquel, o 18 Decembro 2010 00:34

Estamos a espera de que nos pasen os vídeos do festival de magosto e Samaín, así como da actuación de Capoeira. Tan pronto o teñamos, o subiremos a este blogue.

AGRADECEMENTOS AS FAMILIAS

Escrito por Raquel, o 18 Decembro 2010 00:32

QUEREMOS AGRADECER UNHA E MIL VECES AS FAMILIAS DA ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE, POLA VOSA PARTICIPACIÓN EN TODOS OS ACTOS,  SODES AS MELLORES!!!.  ONTE NO FESTIVAL DE NADAL, UNHA VEZ MÁIS POIDEMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN. SEMPRE ESTADES AHÍ CANDO VOS PEDIMOS ALGO!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS OS PAPÁS E MAMÁS DA AULA DO ACIVRO, QUE POR SEGUNDA VEZ FIXESTEDES QUE TOD@S VOTARAN UNHAS BOAS GARGALLADAS.

E PARA NON ESQUECERME DE NINGUEN, GRAZAS A TOD@S OS QUE AXUDASTEDES A DECORAR O CENTRO, OS QUE MÁIS DUNHA VEZ PARTICIPASTEDES TRAENDO POSTRES E RECEITAS MOI SABOROSAS, E A TOD@S AQUELES QUE DUNHA MANEIRA OU OUTRA ESTIVESTEDES SEMPRE AHÍ, AXUDANDONOS A QUE TODO NOS RESULTARA MOITO MÁIS DOADO.

 

GRAZAS!!!

 

Chegou frío e neve o Tambre

Escrito por Raquel, o 3 Decembro 2010 00:14

HOXE A ESCOLA DO TAMBRE AMANECIA CUBERTA DUNHA CAPA BRANCA DE NEVE E XEO, E ASÍ ESTIVO O LONGO DO DÍA, NA CAL O TEMPO FOI VARIANDO: CHOVEU, NEVOU E ATA GRANIZOU. TODO ISTO CON MOITISIMO FRÍO QUE FACÍA QUE A AUGA, NEVE E GRANIZO FORMARAN UNHA CAPA DE XEO.

ASÍ ESTABA A NOSA ESCOLA HOXE: