A nosa primeira andaina
ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE
Somos unha escola de nova creación, que empezou a súa andaina no mes de Setembro do 2009.
A Escola Infantil atópase na Rúa das Mulas s/n no Polígono do Tambre, que está situado a 5 Km de Santiago. Trátase dunha zona industrial en continua expansión que foi inagurada no 1975 e que actualmente abrangue unha superficie de 1.058.000 m2 e conta con máis de 400 empresas de actividade industrial e comercial relacionadas sobre todo cos sectores do automóbil, construción, transporte, distribución, metal, madeira, artes gráficas etc.
A escola conta con 61 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, distribuída en catro unidades: unha para nenos/as menores de un ano (8 prazas), unha para nenos/as de 1 a 2 anos (13 prazas) e dúas para nenos/as de 2 a 3 anos (40 prazas). Así como contamos con cociña, comedor, despensa, lavandería, un patio interior e outro exterior, horta, sala de dirección e de xuntas…
Trátase dun singular edificio de moderno deseño, obra dos arquitectos César Coll e Viviana Slafer.A superficie útil total do edificio é de 417,62 metros cadrados, ademais do patio exterior de xogos de 169,45 metros cadrados.
En canto o equipo educativo está formado por:
- Director/a: Mª del Pilar López Toimil.
- Educador/as de 0 a 1 anos: María Rivadas Mirás e Rosana Álvarez Regueiro.
- Educador/as de 1 a 2 anos: María Almudena Fernández Rivas, Almudena García Sarabia e Laura Carballido Suárez.
- Educador/as de 2 a 3 anos: Raquel Naveiro Otero e Catarina Leal Piñeiro.
- Mestre/a: Mª Irene Varela dos Santos.
Esta é toda unha experiencia para nos, sen apenas coñecernos, ter que poñer a funcionar unha escola que parte de cero. Pero seguro que o conseguiremos!!!!