Aniversarios de Novembro
Escrito por tambre, o 7 Decembro 2009 16:10
Como xa sabedes os aniversarios procuramos agrupalos porque na cociña só nos poden facer bizcoitos cada 15 días aproximadamente.
O venres 13 de Novembro celebramos os aniversarios de Sabela, Carlota e Martina! !Xuntámonos os nen@s das dúas aulas para tal celebración!! Xa cumpriron 2 aniños!!
Rematamos de facer a nosa tartiña, poñéndolle entre todos mermelada de morango, e para adornala e darlle un pouquiño de cor…decorámola cuns cachiños de mandarina!!!….mmm….q sabrosa estaba….!!! Despois encendemos as velas, sopramos e sopramos…e cantamoslle!!
E o venres 27 celebramos os aniversarios de Victor (aula 1-2) que cumpriu 1 aniño, e de Adrián Parada (aula 2-3), que fixo 2 aniños. Que ben o pasamos!!!
Aqui vos deixo unhas imaxes dese día:







