Escrito por Raquel, o 28 Xaneiro 2011 01:07
O 17 DE DECEMBRO CELEBRAMOS NA NOSA ESCOLA O NADAL, NO CAL PARTICIPOU TODO O MUNDO, DENDE OS NEN@S, FAMILIAS ATA O PERSOAL DO CENTRO. ASÍ, OS NENOS ACTUARON CANTANDO ALGUNHA PANXOLIÑA, OU TOCANDO INSTRUMENTOS, E AS FAMILIAS REPRESENTARON O CONTO “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, E POR ÚLTIMO TODOS XUNTIÑOS CANTAMOS UNHA PANXOLIÑA, MENTRAS APARECIA UNHA SORPRESA: A VISITA DUN DOS REIS MAGOS!!!
MIRADE O QUE ACONTECEU ESE DÍA:
festivalnadal
Etiquetas: Nadal
Publicado en Festivais | 7 Comentarios »
Escrito por Raquel, o 23 Xaneiro 2011 13:52
O VENRES 10 DE DECEMBRO DE 2010, CONTAMOS NA NOSA ESCOLA CON UNHA ACTUACIÓN DE CAPOEIRA, GRAZAS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, XA QUE O PAPÁ DE CLOE (AULA DOS ACIVROS) PARTICIPA NUN GRUPO DE CAPOEIRA. E ISTO FOI O QUE ACONTECEU:
espectaculocapoeira
ALGÚNS MOMENTOS DA ACTUACIÓN:
capoeira
Etiquetas: Capoeira
Publicado en Familias | 1 Comentario »
Escrito por Raquel, o 25 Decembro 2010 17:05
TODO O PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE,
QUERE DESEXÁRVOS
UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO 2011.
FELICES FESTAS!!!
Etiquetas: Nadal
Publicado en Escola Infantil | Non hai comentarios »
Escrito por Raquel, o 19 Decembro 2010 16:06
Esta fin de semana no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, xuntaronse unha morea de profesionais das escolas de educación infantil de 0 a 3 anos. Entre eles atopamos a profesionais como Lois Ferradás (Decano da Facultade de Ciencias da Educacion da USC), a Vicenç Arnaiz Sancho (Psicólogo, especialista en psicomotricidade e Presidente do Observatori da Infancia de Menorca) e Battista Quinto Borghi (Responsable pedagóxico do Servizo para a infancia da cidade Italiana de Turín e Docente na universidade de Bolzano). Ademais de escoitar a estes grandes profesionais, tivemos a sorte de compartir experiencias con outr@s compañeir@s das distintas escolas.
Entre as diferentes experiencias atopábase a da nosa escola, titulada Camiño de Santiago. Levada a cabo por Irene e Raquel no curso 2009/2010 na aula de 2 a 3 anos chamaba a aula do botafumeiro.
Aqui vos deixamos un video con un dos anaquiños do que foi a explicación da nosa experiencia:
mov07762
Publicado en Escola Infantil | Non hai comentarios »
Escrito por Raquel, o 18 Decembro 2010 00:34
Estamos a espera de que nos pasen os vídeos do festival de magosto e Samaín, así como da actuación de Capoeira. Tan pronto o teñamos, o subiremos a este blogue.
Etiquetas: Avisos
Publicado en Familias | 2 Comentarios »
Escrito por Raquel, o 18 Decembro 2010 00:32
QUEREMOS AGRADECER UNHA E MIL VECES AS FAMILIAS DA ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE, POLA VOSA PARTICIPACIÓN EN TODOS OS ACTOS, SODES AS MELLORES!!!. ONTE NO FESTIVAL DE NADAL, UNHA VEZ MÁIS POIDEMOS CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN. SEMPRE ESTADES AHÍ CANDO VOS PEDIMOS ALGO!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS OS PAPÁS E MAMÁS DA AULA DO ACIVRO, QUE POR SEGUNDA VEZ FIXESTEDES QUE TOD@S VOTARAN UNHAS BOAS GARGALLADAS.
E PARA NON ESQUECERME DE NINGUEN, GRAZAS A TOD@S OS QUE AXUDASTEDES A DECORAR O CENTRO, OS QUE MÁIS DUNHA VEZ PARTICIPASTEDES TRAENDO POSTRES E RECEITAS MOI SABOROSAS, E A TOD@S AQUELES QUE DUNHA MANEIRA OU OUTRA ESTIVESTEDES SEMPRE AHÍ, AXUDANDONOS A QUE TODO NOS RESULTARA MOITO MÁIS DOADO.
GRAZAS!!!
Etiquetas: Agradecementos
Publicado en Familias | 1 Comentario »
Escrito por Raquel, o 3 Decembro 2010 00:14
HOXE A ESCOLA DO TAMBRE AMANECIA CUBERTA DUNHA CAPA BRANCA DE NEVE E XEO, E ASÍ ESTIVO O LONGO DO DÍA, NA CAL O TEMPO FOI VARIANDO: CHOVEU, NEVOU E ATA GRANIZOU. TODO ISTO CON MOITISIMO FRÍO QUE FACÍA QUE A AUGA, NEVE E GRANIZO FORMARAN UNHA CAPA DE XEO.
ASÍ ESTABA A NOSA ESCOLA HOXE:
Etiquetas: Escola Infantil
Publicado en Escola Infantil | 2 Comentarios »
Escrito por Raquel, o 7 Novembro 2010 17:02
ESTE ANO QUIXEMOS FACER UN CONCURSO DE CABAZAS, E FOI TODO UN ÉXITO!!!
VOTADE UN OLLO O SEGUINTE VIDEO, E VEREDES CANTO TRABALLARON AS NOSAS FAMILIAS!!!
SON UNS AUTENTICOS PROFESIONAIS!!!
videos
Etiquetas: Samain
Publicado en Festivais | 2 Comentarios »
Escrito por maria_tambre, o 5 Xuño 2010 19:54
Parabéns para:
Xoel e Noa (1 aniño)

Naira (3 aniños)

Etiquetas: Aniversarios
Publicado en Aniversarios | Non hai comentarios »
Escrito por Raquel, o 4 Xuño 2010 23:26
O DÍA 5 DE XUÑO CONMEMORASE O DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE. POR ISTA RAZÓN NA NOSA ESCOLA DECIDIMOS FACER ALGO DIFERENTE A TODOS OS DÍAS PARA CONMEMORAR ESTA DATA. ESTA VEZ OS NEN@S E MESTRAS DA ESCOLA INFANTIL DO TAMBRE DECIDIRON PLANTAR UNHA ÁRBORE, A CAL PLANTARON CON TODO O SEU AMOR E CON TODO O COIDADIÑO PARA NON MANCALA.
20100604
Etiquetas: Conmemoracións
Publicado en Conmemoracións, Día mundial do Ambiente | Non hai comentarios »