ENTROIDO 2008

Este primeiro ano de andaina da nosa Escola Infantil quixemos facer un Entroido moi vinculado ao noso entorno. Como sabedes na provincia de Ourense hai unha gran tradición sobre este evento sociocultural. Polo que, decidimos axeitar o Entroido de Xinzo de Limia e o seu persoaxe, “As Pantallas”, a nosa Escola Infantil. Foi unha tarefa na que os nenos participaron activamente na construcción das caretas de “Pantalla” e as súas familias na confección do traxe. Por iso imos a poñer unha breve secuencia temporal do que foi o proxecto deste Entroido 2008:

En primeiro lugar, fixemos a base do gorro con cartulina para que os nen@s foran engadindo papel de periódico pegado á base con engrudo (fariña+auga), ata darlle unha consistencia suficientemente boa para facer o gorro.

CIMG2879.JPG                                       

CIMG28781.JPG

En segundo lugar, e unha vez seco, pintaron o seu gorro cunha cor que tiña asignada cada aula, para a continuación e despóis de que secara a pintura, pegar un debuxo do animal que lle corresponde a cada aula (xa que cada grupo-aula ten un animal que os representa).                    

 baño 031.jpg

 

 baño 033.jpg

Como vedes, a dinámica da confección do disfraz para este entroido tiña moito que ver con un dos elementos máis motivadores, emocionantes e significativos para un nen@, que é o de construir o seu propio material. Neste caso o elemento máis característico do disfraz de pantalla, que era a parte do gorro da careta.Unha das premisas e das bases da escola infantil é a de ter unha relación moi estreita cas familias e que haxa un contínuo entre a familia e a escola. Por iso, e xa dende o principio quixemos que este aspecto fose un dos elementos a ter moi en conta. E por iso, que temos que dar as grazas á colaboración das familias na elaboración do disfraz de pantalla. Fixemos un obradoiro de confección do disfraz no que os pais e nais participaron activamente. 

baño 051.jpg  

   

baño 056.jpg

 

Toda esta fervenza de colaboracións, relacións e coordinacións confluiu nunha festa no que, a participación activa por parte de todas as familias (disfrazándose a maioria delas cos seus fillos/as) foi un feito.

 

 CIMG2922.JPG

 baño 062.jpg

14 respostas para “ENTROIDO 2008”

  1. Carlos e María Di:

    Gostamos moito de ver as fotos dos nenos dosfrazados para o entroido, seguide así, colgando máis fotos das actividades que facedes. Seguiremos visitándoos

  2. Carlos Di:

    Parabéns por iniciar este blog e compartir con todos nós a vida que hai na galescola de Pereiro de Aguiar.
    Un saúdo

  3. Equipo educativo de Oia Di:

    Parabéns polo voso traballo e grazas por compartilo connosco. Saúdos do equipo educativo de Oia.

  4. Xesús Di:

    Un blog máis que se pon a funcionar é un no máis que vai facendo máis forte e resistente o tecido da rede. A través desta fiestra que abrides, estades enriquecendo a todas as persoas que, a partir de agora, desde preto da vosa escola ou desde outro punto do país se decida a visitarvos e compartir o voso traballo.
    Parabéns e ánimo para seguir traballando, experimentando, innovando e documentando os traballos.
    Saudiña.

  5. Carlos e María Di:

    parabens por o entroido ,esperanos sigades baixando mas fotos dos meniños facendo calquer cousa e eu como aboa de Juan Saco gustariame que sacarades a o niniño difrafado porque non o vin
    un saudo

  6. Equipa Educativa de Cambre Di:

    Parabens pola experiencia compartida no blog, moitos ánimos para seguir nesta andaina do intercambio e aprendizaxe na rede. Esta fiestra aberta onde podemos ver canto é o disfrute d@s nen@s á hora de elaborar os seus gorros do entroido, descubrindo como con materiais coñecidos para eles/as podense realizar vestimentas tan divertidas!!

    Saúdos Equipa de Cambre

  7. galescola de coles Di:

    Parabens polo voso blog, gustounos moito as “pantalliñas”, animo e seguir traballando para compartir con nos as vosas ideas.

    Saudiños!!!!!!

  8. Antonio Pato Di:

    Estou moi contento de ver a evolución dos nosos fillos pola web, sobre todo para pais coma min con pouco tempo libre e moito tempo invertido diante dunha pantalla, polo cal resulta util poder ter unha fiestra en forma de blog polo que poder ver os nosos fillos e as súas actividades dentro da galescola, o cal esta dispoñoble a 24 horas do día.
    Un saudo, e seguide adiante.
    Si necesitades algunha axuda nesta andanza podedes contar conmigo, sendo este o medio no que desenrolo a miña actividade.
    PD. Son o pai de Maria Pato Fernández

  9. LUIS Y ALEJANDRA Di:

    NOS HA GUSTADO MOITO A IDEA DO BLOG.O TRABALLO NO ANTROIDO FOI MARAVIILOSO..COMO TODO O QUE FACEDES.
    QUERIAMOS FELICITARVOS O BO EQUIPO QUE SODES
    O AGUSTO QUE VAN OS NENOS.E O BEN QUE NOS FACEDES SENTIR OS PAIS.
    SIGUIDE ASI.

    UN SAUDO¡

  10. Belén Conde Di:

    Estou encantada de poder ver os nosos neniños na sua salsa, as veces cando vexo os resultados preguntome coma nen@s tan pequeniños se desenvolven nestas ocupacions, e o velo enchome de tenrura e non podo evitar un sonriso. Estou dexexando ver mais traballos vosos. Saudos.

  11. O equipo educativo de Boiro Di:

    Grazas por compartir as ledicias dos vosos cativos.
    Moitos antroidos máis para a Escola Infantil de Pereiro de Aguiar!!!
    Apertas.

  12. Carlos e María Di:

    O BLOG ESTA SENDO VISITADO POR MOITA XENTE,ENHORABOA POR O TRABALLO DE TODOS ,SEGUIDE ASI ,O ESTASES FACENDO MOI BEN ,PARABENES A TODA A ORGANIZACION E UN BIQUIÑO PARA CARLA POR QUERER TANTO A NOSO NETO,SAUDOS

  13. Gemma Di:

    Antes de nada, quero dicir que me encanta o voso sitio na web; e sobre todo gústame saber onde está a miña filla. Penso que o estades facendo moi ben. Grazas polo voso traballo que fai posible o noso. Un saudo.

  14. Eva Di:

    Gústame a idea do blog porque nos permite ver os progresos e “traballos” dos nosos meniños… Penso que a todos nos gustaria saber que están a facer os nosos fillos cando nos non podemos estar con eles, ésta é unha boa mostra do que fan e do bo traballo que estades a desenrolar. Un saudo

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe