Retalos do período de adaptación na Aula de Sudamérica. Nais, pais, avoas e avós personalizando percheiros, pegando multicolores mans de benvida e acompañando ás crianzas nas súas primeiras actividades. Comeza a aventura!!!!
Co Cesto dos tesouros as pequenas crianzas aprenden de forma autónoma incentivando a súa autonomía con cada decisión e elección de obxectos. Estimulan os seus sentidos cos diferentes materiais, pesos, texturas, temperaturas. Melloran a súa coordinación corporal, manipulativa. Abren xanelas á súa creatividade.
Benqueridas familias, comezamos!
O Mundo é grande xa cho dixen xa, e ser distinto é diversidad**,….Di unha fermosa canción de Mamá Cabra.
Grenlandia 0-1 ano
Sudamérica 1-2 anos
África 2-3 (a) anos
Asia 2-3 (b) anos
Ao longo do verán o persoal da Escola e as compañeiras que viñeron a cubrir vacacións traballaron para que as crianzas atopasen transformado cada recuncho da Escola. Para os que non a coñecedes esta é a nova faciana da Escola.
**Diversidade











