Despois de tantos momentos que levamos compartidos ao longo do ano gustábanos darlles ás crianzas e as súas familias unha despedida como realmente se merecían.
Organizamos unha saída de convivencia xunto coas familias ao Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene: instalacións que contan con piscina, zonas verdes, parrilladas, pistas para deportes,…
As familias, as crianzas e as educadoras puidemos desfrutar dunha xornada lúdica con comida compartida elaborada polas familias, bañándonos nas piscinas, xogando no parque,…
As educadoras tamén desfrutamos moito da festa…
Cando chegaron ás sete da tarde xa estabamos rendid@s pero aínda nos quedaban gañas para visualizar o documental, a entrega de camisetas e orlas, pequenos agasallos para as crianzas e para as familias… e, para darlles ás educadoras un gran BICO e unha gran APERTA!
Non podemos rematar esta anotación sen darlle as grazas a todas esas crianzas que este ano nos brindaron tan maravillosos momentos:
ANXO BRUNO FONSO LUCÍA LUNA JORGE IVÁN IRIS
NOA G. NOA R. PAULA D. PAULA S. YAGO ROI SARA
NEREA ALBA JAVIER MARCOS BRAIS SERGIO JAIME
GRAZAS A TOD@S E ATA SEMPRE!