Xull 23
A equipa educativa da Escola Infantil de Fene quere despedirse de todas as lectoras e lectores do noso blog até o mes de setembro no que un novo curso dará comezo.
Moitas grazas a tod@s e esperamos que pasedes un bó verán e que desfrutarades moito co noso blog!

![homer-vacaciones[2].jpg](http://escolasinfantis.net/blogue_centro/wp-content/blogs.dir/43/uploads//homer-vacaciones[2].jpg)
Non queríamos despedirnos tampouco sen darlle a noraboa a CAROLINA e a DARÍO, por ese pequeno que acaban de traer ao mundo! Bicos e apertas de toda a equipa para vós!
GRAZAS E ATA SETEMBRO!
Publicado en As miñas anotacións, Curso 07-08 | 1 comentario »
Xull 23
Cando estas pequenas e pequenos chegaron á galescola eran unha pulguiñas pequeniñas que puidechedes ver noutros apartados do blog. Agora xa están feitos uns mozos e unhas mozas: a gran maioría camiñan sós, percorren a escola para coñecela, algúns xa empezan coas súas primeiras palabras, cantan, xogan, aprenden,… Aquí tedes mostra deles desfrutando dun bo día no patio!

Dentro de pouco xa deixarán de ser @s pequen@s da escola pois xa só queda un mes e medio para que @s nos@s bebés xa pasen a 1-2. Bicos moi fortes e que desfrutedes das vacacións!

Publicado en As miñas anotacións, Curso 07-08 | Sen comentarios »