Feb 04

Mergullando no ordenador atopamos unha pequena homenaxe que fixemos ás crianzas da aula de 2-3 do curso pasado… como probablemente non o teñan pois si entran, de novo, no blogue para ver o traballo que seguimos realizando poderán atopar esta pequena sorpresa que Nuria e Iria desexan que lles guste… Aínda nos lembramos moitísimo de todas e todos!Moitos bicos…festa-de-fin-de-curso-07-08

5 comentarios a “En lembranza…”

  1. angeles di:

    A min, que son educadora na galescola de Boiro, encantoume o vídeo e preguntome, que farán as familias desas crianzas cando o vexan? sentirse orgullosas de ter compartido con vos a primeira experiencia escolar dos seus fillos e fillas da que, de seguro, gardarán un recordo moi grato. Parabéns!!!

  2. equipa_educativa_fene di:

    Ola Ángeles!
    Son Iria da Escola Infantil de Fene. En primeiro lugar grazas polo teu comentario… Nós si sabemos algunha das cousas que pensarán… seguro que as familias estarán encantadas. Este curso todavía seguimos a ter moitas visitas destas familias, vemolas pola rúa e todas se lembran de tan fermosos momentos que pasamos xuntas e por que non… tamén vémolas felices porque as súas crianzas están vivindo unha nova experiencia tamén moi enriquecedora nas súas respectivas escolas “de maiores”. Para nós (Nuria e eu) que foi o noso primeiro ano desta galescola… nunca as esqueceremos! Moitos bicos.

  3. Isa di:

    Ola! son Isa, a nai de Roi. De vez en cando boto unha ollada por aquí e gústame ver que vos lembrades dos nosos pequenos. Para nós tamén foi unha experiencia moi enriquecedira….gracias outra vez pola vosa implicación e o voso traballo! Bicos e seguide así.

  4. Nuria di:

    Son Nuria, a conpañeira de Iria, gúatame compartir a miña vida diaria con ela e penso que a clave e ter as cousas moi claras e sobre todo ter moitísimas gañas de traballar, e deso non nos falta.
    Grazas a Anxeles,que como é tamén do noso gremio pode entender perfectamente o que sentimos tanto nós coma as familias desas crianzas.
    E grazas por suposto a Isa, encántanos ver que aínda vos acordades de nós, por para nós foi un curso inolvidable…
    Ata pronto!!!!!!!!

  5. Nuria di:

    Grazas tamén a toda a miña equipa educativa por implicarse tanto no seu traballo e tentar ser sempre as mellores.

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe