Coa chegada da primavera, chegaron as primeiras flores con eses raios de sol a pesares de que segue a chover… Na aula das estrelas de mar fixemos un combinado: festa+colonia+baño de pétalos… Foi unha experiencia chulísima… Sí que é certo que houbo algunha e algún que chorou un pouquiño pero despois non había que nos quitara de esa exquisita sensación… Pasárono pipa!
Arquivo de Abril do 2009
Unha mestura de arte coas mans e sensacións cos pés… esperamos que se vexa claro no vídeo…
GALESCOLA FENE
A Comunidade Educativa da Escola Infantil Fene organiza o sábado 4 de Abril un acto festivo, na praza do Concello de Fene, en DEFENSA DA REDE PÚBLICA DE ESCOLAS INFANTÍS. O acto comeza ás 17:30h coa elaboración dun mural polas crianzas. Contarase coa actuación do grupo infantil Mamá Cabra, haberá un stand de exposición de traballos e mesa para recollida de sinaturas.
Estades todas e todos convidados! e, por suposto, canta máis asistencia mellor! Grazas de antemán!
Fene, 3 de Abril. de 09.
A Comunidade Educativa