Arquivo do 31 de Agosto do 2009

Ago 31

 

Os pasados 27 e 28 de Agosto as novas crianzas achegáronse ao centro cos seus familiares en horario de 11 a 12 da mañá. Portas abertas para que as familias e as crianzas que se incorporan a escola, continúen coñecéndonos. 

 

As crianzas do ano anterior acolleron con sorpresa esta chegada de novas caras á Escola.

Adeus pequenas e pequenos de tres anos que deixades a Escola, xa está aquí o relevo pero teredes para sempre un oco no grande corazón da casiña que é a nosa  Escola.

 

APERTAS E BICOS PARA TODAS E PARA TODOS.

 

 

Ago 31

 

Este é o recanto da biblioteca na Escola Infantil Fene.

Dende o curso pasado temos en funcionamento unha biblioteca. Os libros son parte da escola e parte doazón das familias. 

As crianzas teñen o aliciente de poder compartir na casa cos familiares eses contos que forman parte do seu pequeno mundo na Escola.

Na biblioteca tamén contades cun apartado para nais e pais  con libros de consulta.

 

Normas de uso:

Só se permite levar un libro por crianza escollido coa familia á saída  da escola.

É obrigatorio cubrir a folla de rexistro que atoparedes na zona da biblioteca antes da retirada do libro e no momento de devolvelo.

O tempo máximo entre recollida e devolución é dunha semana.

 

Agradecemos acheguedes á  bibloteca un conto por familia para que esta poida seguir medrando.

 

 

Ago 31

Coa chegado do novo curso unha nova temática chega ás nosas aulas. Todas as crianzas senten fascinación nos primeiros anos polos medios de transporte.  Barcos/as para as crianzas de 0-1 anos, Bombeiras/os para 1-2 anos e Naves Espaciais e Trenes para as aulas de 2-3 anos.

Ollade a nova decoración das Aulas das vosas crianzas.