Este é o recanto da biblioteca na Escola Infantil Fene.
Dende o curso pasado temos en funcionamento unha biblioteca. Os libros son parte da escola e parte doazón das familias.
As crianzas teñen o aliciente de poder compartir na casa cos familiares eses contos que forman parte do seu pequeno mundo na Escola.
Na biblioteca tamén contades cun apartado para nais e pais con libros de consulta.
Normas de uso:
Só se permite levar un libro por crianza escollido coa familia á saída da escola.
É obrigatorio cubrir a folla de rexistro que atoparedes na zona da biblioteca antes da retirada do libro e no momento de devolvelo.
O tempo máximo entre recollida e devolución é dunha semana.
Agradecemos acheguedes á bibloteca un conto por familia para que esta poida seguir medrando.
