O CESTO DOS TESOUROS
Unha señora chamada Elinor Goldschmied, alá polos lexanos anos 80, deseñou este xogo que, coma veredes, da resposta ao interese das nosas crianzas polas características dos obxectos (forma, cor, peso, cheiro,…)
Un cesto estábel, obxectos de orixe natural ou feitos con produtos naturais (noces, piñas, cabazas cortizas, pinzas da roupa, argolas de madeira, culleróns de metal, coiro, caucho, espellos, novelo de la, rolo de papel, plumas,…) as nosas crianzas máis pequenas e todo listo para sumerxirse no fantástico universo da percepción sensorial.
Texturas, formas, temperatura e peso para o tacto da pel máis suave do mundo.
Para os ollos mais feiticeiros e descubridores brillos, novas cores e luminosidade.
Cheiros e novos aromas para os pequenos narices.
E para esas orellas avidas de sons, música e vida obxectos para axitar, golpear, raspar, rasgar,…
