Chegou o outono e na Escola gústanos dar a benvida ás estacións cunha pequena festa que nos una a natureza no seu devir de cambios. Caen buliciosas as crepitantes folliñas de outono para ledicia das crianzas. Caen e adormecen durante o inverno para bulir de novo na primavera metamorfoseadas en flores e herba.
Cores ocres e dourados, marróns e agranatados , delicados laranxas en; noces, castañas, belotas, cabazas, uvas e cogomelos.
Ensinar ás crianzas a coñecer, respectar e gozar da natureza é unha boa semente para o futuro coidado do planeta que estará nas súas mans.
A traveso das fotos comprobaredes coma unha sinxela festa de follas de outono, que as crianzas apañaron coas súas familias, fai a ledicia de grandes e pequenos.
Música por cortesía de MAMÁ CABRA