Arquivo de Outubro do 2009

Out 08

As veces na escola temos  anacos de tempo  de interacción entre as crianzas máis pequenas e as maiores. Gostan de coidar aos bebés  e os seus sorrisos converten estes tempos de relación en verdadeiros tesouros.

 

Out 08

 Na escola o tempo da merenda é un tempo tranquilo no que as crianzas aprenden a valorar o acto de comer coma unha situación satisfactoria que permite descubrir sensacións e estabelecer relacións.

 

 

Out 08

Con cores pintamos para decorar a escola, con cores incentivamos a nosa creatividade, con cores sentimos un mundo feliz cheo de positiva estimulación.

Out 07

A principios de curso chegou unha maleta a aula das crianzas de 1-2 anos, coma gostaba moito de percorrer o mundo chamáronlle: A MALETA VIAXEIRA!

Tras uns días na escola deixando que as crianzas abriran e pecharan nela, a maleta ,que por certo é de cor azul, marchou prometendo ás crianzas voltar chea de sorpresas.

Agardaron os pequeniños e cando xa case non se lembraban dela, retornou. Ollaban as crianzas expectantes mentres baixaba a cremalleira e tachán ; viña cargadiña de follas de outono!

As pequenas e pequenos disfrutaron outra vez coas bulliciosas folliñas secas e contáronlle á maleta que na escola fixeran unha grande festa de benvida do outono. A maleta pensou que non fora moi orixinal co seu cargamento así que mandou bicos para todas e para todos e emprendeu viaxe de novo.

Esta vez non debeu ir moi lonxe xa que , non ben pasaran dous días, e a maleta xa estaba de volta. E non traia follas, non, traía a Merchita e un montón de contos novos dunha biblioteca preto de aquí.

CONTINUARÁ….

Out 01

Un aniño para rir, un aniño para explorar, un aniño para coñecer, un aniño para sentir, un aniño para soñar, un aniño para descubrir ….PARABÉNS  JESÚS.