O agardado vídeo da vendima
12 Nov 2009
As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar.
Un día do mes de outubro, chegou un señor de barba branca á escola chamado Domingo e que resultou ser o pai de Nuria –educadora da aula dos bombeiros-. E Domingo, chegou cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer mosto. E claro que fixemos mosto e ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradas uvas desexosas de ser zume.
E tanto pracenteiro traballo levounos a aquel rico mosto, xa con un pouco de grado, que os adultos bebíchedes o día do festexo do Samaín.
GRAZAS DOMINGO!
Deixar un comentario