Mai 18
A aula dos bebés converteuse nunha exótica e paradisíaca praia. Tratamos de crear un ambiente agradable e cheo de afecto: coidando a iluminacións con candeas, a temperatura, o aroma, música relaxante e o decorado.
Xogamos coa area e as cunchas do mar, gozamos do baño de escuma e unha masaxe con aceite de améndoas.
Grazas pequeniños e pequeniñas polos momentos que compartimos tan especiais e marabillosos.


Publicado en CURSO 09-10 | Sen comentarios »