Arquivado da categoría ‘As miñas anotacións’

Nov 02

   Retalos do período de adaptación na Aula de Sudamérica. Nais, pais, avoas e avós  personalizando percheiros, pegando multicolores mans de benvida e acompañando ás crianzas nas súas primeiras  actividades. Comeza a aventura!!!!

adaptacion-1-2-anos

Out 28

 

   Co Cesto dos tesouros as pequenas crianzas aprenden de forma  autónoma incentivando a súa autonomía con cada decisión e elección de obxectos. Estimulan os seus sentidos cos diferentes materiais, pesos, texturas, temperaturas. Melloran a súa coordinación corporal, manipulativa. Abren xanelas á súa creatividade.

Out 28

Os primeiros días que traedes  ás vosas crianzas, sobre todo  as nais e pais dos bebés, son días de inquedanza e anguria pola separación, GRAZAS por confiar na Escola familias! Ollade como viven o seu novo espazo de seguranza.

Out 19

aula-0-1-barcos-as

Mai 24

“Non te manches, ten coidado…” jejejeje… era o día do mundo ó revés, xa que ó chegar á escola puxeron enriba da mesa chocolate fundido e… a pintar, a xogar, a saborear, a sentir, A EMPORCARSE!!!!!!

A única regra era: ¡NON HAI REGRAS! Logo algún tolo apuntouse con nós a última hora, e algún que outro (máis de sete e menos de nove) tivemos que darnos un baño exfoliente por detrás e por diante, por fora e por dentro… e que sueveciña nos quedou a pel!!!!