Mergullando no ordenador atopamos unha pequena homenaxe que fixemos ás crianzas da aula de 2-3 do curso pasado… como probablemente non o teñan pois si entran, de novo, no blogue para ver o traballo que seguimos realizando poderán atopar esta pequena sorpresa que Nuria e Iria desexan que lles guste… Aínda nos lembramos moitísimo de todas e todos!Moitos bicos…festa-de-fin-de-curso-07-08
Arquivado da categoría ‘Curso 07-08’
A equipa educativa da Escola Infantil de Fene quere despedirse de todas as lectoras e lectores do noso blog até o mes de setembro no que un novo curso dará comezo.
Moitas grazas a tod@s e esperamos que pasedes un bó verán e que desfrutarades moito co noso blog!

![homer-vacaciones[2].jpg](http://escolasinfantis.net/blogue_centro/wp-content/blogs.dir/43/uploads//homer-vacaciones[2].jpg)
Non queríamos despedirnos tampouco sen darlle a noraboa a CAROLINA e a DARÍO, por ese pequeno que acaban de traer ao mundo! Bicos e apertas de toda a equipa para vós!
GRAZAS E ATA SETEMBRO!
Cando estas pequenas e pequenos chegaron á galescola eran unha pulguiñas pequeniñas que puidechedes ver noutros apartados do blog. Agora xa están feitos uns mozos e unhas mozas: a gran maioría camiñan sós, percorren a escola para coñecela, algúns xa empezan coas súas primeiras palabras, cantan, xogan, aprenden,… Aquí tedes mostra deles desfrutando dun bo día no patio!
Dentro de pouco xa deixarán de ser @s pequen@s da escola pois xa só queda un mes e medio para que @s nos@s bebés xa pasen a 1-2. Bicos moi fortes e que desfrutedes das vacacións!
Despois de tantos momentos que levamos compartidos ao longo do ano gustábanos darlles ás crianzas e as súas familias unha despedida como realmente se merecían.
Organizamos unha saída de convivencia xunto coas familias ao Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene: instalacións que contan con piscina, zonas verdes, parrilladas, pistas para deportes,…
As familias, as crianzas e as educadoras puidemos desfrutar dunha xornada lúdica con comida compartida elaborada polas familias, bañándonos nas piscinas, xogando no parque,…
As educadoras tamén desfrutamos moito da festa…
Cando chegaron ás sete da tarde xa estabamos rendid@s pero aínda nos quedaban gañas para visualizar o documental, a entrega de camisetas e orlas, pequenos agasallos para as crianzas e para as familias… e, para darlles ás educadoras un gran BICO e unha gran APERTA!
Non podemos rematar esta anotación sen darlle as grazas a todas esas crianzas que este ano nos brindaron tan maravillosos momentos:
ANXO BRUNO FONSO LUCÍA LUNA JORGE IVÁN IRIS
NOA G. NOA R. PAULA D. PAULA S. YAGO ROI SARA
NEREA ALBA JAVIER MARCOS BRAIS SERGIO JAIME
GRAZAS A TOD@S E ATA SEMPRE!
Con toda a ilusión dunha equipa educativa que comeza quixemos presentar un pequeno stand de todo o que levamos feito ao longo dun curso.
De todos xeitos consideramos que un curso daría para moito máis pero levamos algunhas das cousas máis significativas que tiñamos.
Aquí vos deixamos mostra del…
Unha parte da nosa equipa educativa…
De esquerda a dereita:Susana, Emma, Eva, Santi e Nuria. E na parte de abaixo: Iria, Marián (a nosa directora en funcións) e Fernando.
Queremos agradecer a participación das familias na asistencia á festa…
… e tamén a MAMA CABRA… pola súa maravillosa interpretación! GRAZAS!