Arquivado en: TRENS

   A xanela cara o  mundo que é o noso blog  as veces adoita permanecer inmóbil durante algún tempo xa que non sempre a dinámica da Escola  deixa tempo para el.  Nembargante, xa sabedes que a vida e o bulir de actividade continúan   por aquí e por alá en cada recanto e axiña lembraremos as actividades máis relevantes deste tempo.

aO Son da seguinte canción nos diriximos ao comedor…

“Comer, Comer,

Comer, Comer

Comer, comer

para poder medrar.

Se non comemos

nON mEdraremos

E pequeniñ@s

nos quedARemOs!”

As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar.

Un día do mes de outubro, chegou un señor de barba branca á escola  chamado  Domingo e que resultou ser o pai de Nuria –educadora da aula dos bombeiros-. E Domingo, chegou cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer mosto. E claro que fixemos mosto e ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradas uvas desexosas de ser zume.

E tanto pracenteiro  traballo  levounos a aquel rico mosto, xa con un pouco de grado, que os adultos bebíchedes  o día do festexo do Samaín.

GRAZAS DOMINGO!

 

vendima-09-101 

SEMPRE COA MÚSICA

  N a escola sabemos que as crianzas gostan da música, do ritmo e da ledicia que supón deixarse levar polas cadencias das melodías nun interminable danzar. Sempre teremos música para durmir, para bailar, para escoitar, para dramatizar,….

   O noso corpo está cheo de posibilidades para facer música e tamén gostamos facela con algún instrumento coma estas buliciosas maracas que fixeron nas aulas dos trens e dos foguetes espaciais.