As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar.

Un día do mes de outubro, chegou un señor de barba branca á escola  chamado  Domingo e que resultou ser o pai de Nuria –educadora da aula dos bombeiros-. E Domingo, chegou cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer mosto. E claro que fixemos mosto e ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradas uvas desexosas de ser zume.

E tanto pracenteiro  traballo  levounos a aquel rico mosto, xa con un pouco de grado, que os adultos bebíchedes  o día do festexo do Samaín.

GRAZAS DOMINGO!

 

vendima-09-101 

MAGOSTO

   Os festexos populares teñen  o feitizo da tradición dos nosos antergos e, en moitas ocasións, vencellados  aos produtos típicos do país. Aquí tedes un pequeno retalo en imaxes da festa do magosto na escola. Desculpade que non teñamos moitas fotos por problemas técnicos!!!!!!!

magosto09

SEMPRE COA MÚSICA

  N a escola sabemos que as crianzas gostan da música, do ritmo e da ledicia que supón deixarse levar polas cadencias das melodías nun interminable danzar. Sempre teremos música para durmir, para bailar, para escoitar, para dramatizar,….

   O noso corpo está cheo de posibilidades para facer música e tamén gostamos facela con algún instrumento coma estas buliciosas maracas que fixeron nas aulas dos trens e dos foguetes espaciais.

ANIVERSARIO HUGO 2 ANOS

Parabéns Hugo no teu segundo aniversario! Agardamos que esas bagoas que asomaban dos teus ollos fuxan tan lonxe e tan rápido que non tornemos a velas.

Unha aperta.

Experiencias 0-3

As veces na escola temos  anacos de tempo  de interacción entre as crianzas máis pequenas e as maiores. Gostan de coidar aos bebés  e os seus sorrisos converten estes tempos de relación en verdadeiros tesouros.