Na aula d@s barc@s construiron un pequeno pero á vez grande camiño… Este camiño estaba feito de diferentes texturas polas cales @s bebés foron pasando cos pes descalzos. Polo camiño non só tocaban cos pés senón que a súa atención reclamaba moito máis: mans, cara e resto do corpo experimentaron un mundo de sensacións!
Mar 24
Feb 18
A xanela cara o mundo que é o noso blog as veces adoita permanecer inmóbil durante algún tempo xa que non sempre a dinámica da Escola deixa tempo para el. Nembargante, xa sabedes que a vida e o bulir de actividade continúan por aquí e por alá en cada recanto e axiña lembraremos as actividades máis relevantes deste tempo.







