Como xa sabedes o pasado 5 de xaneiro a escola pechou pola tarde por iso algunha das ameixas achegouse ata o cole para coñecer en persoa aos Reis, e esa foi a nosa Martina, quen quedou moi abraiada coa gran melena de Melchor.

OS REIS VISTAN AOS CARAMUXOS

Nin máis nin menos que os reis asomáronse pola escola!!! Que ilusión nos fixo aos caramuxos, pois foi a primeira vez que vimos tan de preto aos Reis Magos de Oriente!!

Foi tal a impresión que moitos de nós non fomos quen de achegarnos a tan imponentes presencias.

Antes de iniciar unha noite moi atarefada de traballo, os Reis Magos de oriente achegáronse ata a nosa escola, e derónnos uns pequenos agasallos ao mesmo tempo que lle puidemos comentar cales eran os nosos pedidos para esa noite.

Aos berberechos fíxonos moitísima ilusión a súa visita.

Pois como dí a canción, o pasado 5 de xaneiro achegáronse a nosa escola os Reis Magos, e ademais de darnos unha aperta moi grande deixáronnos unhas pequenas lambetadas xunto con toda a ilusión que nos fixo coñecelos. E como as estreliñas fomos tan bos durante todo o ano os reis magos fixeron a súa primeira parada na nosa aula.

SS.MM os reis de oriente, achegaronse  o pasado mes de xaneiro pola nosa escola para entregarnos en man uns pequenos presentes.

Os mexilóns quedamos moi contentos coa real visita e dende aquí queremos darlle as grazas por facernos pasar un feliz 5 de xaneiro.

Velaquí estamos os berberechos na nosa festa de fin de ano, pasámolo moi ben comendo os gusanitos ao ritmo das campanadas e bailamos un pouquiño. foi unha gran festa que esperamos repetir pronto.

O BONECO DE NEVE DOS BERBERECHOS

Que frío este inverno!!! e os berberechos fixemos un lindo boneco de neve para honrar o inverno. Mirade canto traballamos na nosa aula!!!

As ameixiñas fixemos unha mini festa de fin de ano, con gusanitos ao son das badaladas, e unha pequena festa .

Mirade por esta ventaniña o ben que o pasamos!!!

Pois aquí estamos os mexilóns gozando da nosa gran festa de fin de ano, que como todos vós sabedes festexamos o pasado 31 de decembro.

O que máis nos gustou foron as campanadas ao ritmo de gusanitos, ummmm, esperamos repetir o vindeiro fin de ano!!!

As estreliñas de mar asistimos a festa de fin de ano que se celebrou na sala de usos multiples da escola. Foi moi divertida, xogamos con globos, escoitamos as campanadas dadas pola mestra de cerimonias ” A GRAN CHEFF GENI” e comemos gusanitos ao son das campandas. 

Esperamos que a proxima festa de fin de ano sexa tan divertida coma esta!!!