Arquivos de: Outubro, 2008

Aniversario Dorian

O noso compañeiro Dorian, da “Aula de Cebra Camila”, cumpriu un aniño e o quixo festexar con nós. Dende aquí agasallámoslle cunha coroa e unha festa con todos e todas os/as compis da súa clase.

Puxémonos as botas coa torta de chocolate…

Un mundo de contos

       

Os maiores da nosa galescola traballaron os contos que representan a cada aula.

Mirade como na “Aula de Coelliño Branco” fixeron uns murais chulísimos dos Tres porquiños e de Chibos Chibóns. Pasárono xenial!

Na ”Aula dos chibos chibóns” as crianzas pasárono en grande construíndo as casiñas dos Tres porquiños

Chegaron os novos compis

Sentimos que esperasedes tanto para ver as novas experiencias deste curso, pero este período de adaptación foi máis longo do que nos gustaría.

Igual que o curso pasado fixemos unhas xornadas de convivencia coas familias.

Mirade algunhas das nosas vivencias…

      Diapositiva119.JPG