Castaña de chocolate
25 Nov 2008
Outra das actividades que fixemos os maiores da galescola nesta estación do ano, e sen dúbida unha das que mellor nos soubo, foi a da “Castaña de chocolate”.
Pero, uns días antes de experimentar co chocolate tivemos a ocasión de coñecer a castaña. E como non queriamos ser os únicos fomos a ensinarlla ao resto dos/as compis do cole e agasámoslles cunha a cada un deles. Tamén elaboramos unha de papel en tamaño grande e que decora a nosa aula.
Os pasos a seguir para tan delicioso manxar foron moi sinxelos: Primeiro, desempaquetamos o chocolate e o botamos nun cunco. Logo pedímoslle á nosa amiguiña Geni que o metera uns minutiños no microondas… e ta-tá …. o chocolate desfíxose. Así puidemos bañar as castañas neste doce e levar cada un para as súas casas unha mostra para que as nosas familias puidesen probalo.


Un comentario
2008 Nov 27
Uhmmmm!!! Pero qué ricas estaban as castañas!!!!. Estamos moi orgullosos coa nosa pequena reposteira e encantados co equipo educativo. As iniciativas que facedes son estupendas e a nosa filla o pasa moi moi ben no “tole” como dí ela. Moi grazas sodes estupendas.
Pero mirade que cara de pequenos curiosos teñen todos!!!!!