Arquivos de: Decembro, 2008

A postal de Nadal

Despois de falar cos nosos nenos e nenas nas asembleas das aulas, decidimos entre todos que queríamos felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras doutras galescolas  cunha fermosa postal de nadal; pero como somos moitas crianzas non nos chegaba cunha soa, así que decidimos facer unha por aula, e despois confecionar un libro de postais.

E por fin este foi o resultado. Gústavos?

Uns renos moi especiais

Ademais de traballar moito ao longo destes días tamén temos tempo para pasalo moi ben; un exemplo é a festa que nos montamos tan só con un gorro de Papá Noel e uns corniños de renos.

Grandes reposteiros

Na nosa galescola somos tan laboriosos que ata facemos os nosos doces de nadal.

Os Chibos Chibóns da tarde quixemos elaborar nós mesmos uns ricos mazapáns. Cando rematamos levámolos para a casa.

Teñen unha pinta exquisita!

ADORNAMOS AS AULAS

Logo de adornar a árbore da galescola quedamos tan contentos co resultado, que os máis maiores decidimos facer as nosas propias árbores para as nosas aulas.

As crianzas de Ratiña Presumida adornamos con gomets unha árbore de papel.

Os nenos e nenas de Chibos Chibóns e Coelliño Branco como xa somos máis maiores decidimos construír a nosa árbore con cartón pluma e pintala con pintura de dedos verde.

Como traballamos, eh?

Logo de tanto traballar adornamos as árbores… Mirade como nos quedaron!

Gústanvos? Nós estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo.

Adornamos a nosa árbore de Nadal

Ao longo de todo o mes de decembro, dende os máis pequechiños e pequechiñas aos maiores, estivemos traballando moito, e unha das actividades que máis nos gustou foi a de adornar a nosa propia árbore de nadal.

As crianzas de Garbanciño, aínda que somos os máis pequenos da galescola, gozamos moito creando e manipulando as bolas da nosa árbore.

Aos nenos e nenas de Cebra Camila encantounos adornar a árbore do centro cos adornos que fixemos na clase ao longo da semana.

Os “ratiños” e “ratiñas” gozamos moitísimo pintando as boliñas para poñer na árbore

Cando xa secaron decidimos ir ao abeto para colgalas e que as nosas familias as visen ao entrar na galescola.

Os nenos e nenas da aula dos Tres porquiños quixemos participar de tan divertida festa, así que  tamén axudamos a poñer fermosa a árbore

Os Chibos Chibóns estivemos traballando moito; primeiro pintamos unhas boliñas con pintura de dedos…

e logo fomos ao corredor da entrada para colgalas na árbore

Os coelliños, como somos os maiores da galescola, traballamos a reo e fixemos unhas bolas de nadal de cartolina

Quedáronnos chulísimas!!

e ao rematar tan laboriosa tarefa fomos a regalarlle as nosas bolas a árbore de nadal

Aos Chibos Chibóns da Tarde encántanos o nadal, así que decidimos todos xuntos facer unhas boliñas de arxila, pintalas e darllas de agasallo de nadal a nosa árbore

Despois de rematalas fomos ao corredor para colgalas no abeto, e aínda tivemos tempo para sacar unha foto de grupo. Saímos guapísimos, non credes?

E para rematar gustaríanos ensinarvos o resultado final de tanto esforzo e traballo

A visita de Papá Noel!!!

O pasado venres recibimos unha gran visita na nosa Escola Infantil. Veu Papá Noel!

Encheunos de ledicia e ilusión pasar un ratiño con El

xa que moitos de nós aínda non o coñeciamos

Papá Noel foi por todas as aulas a saudarnos a todos e a todas e a agasallarnos cunhas ricas lambetadas

Aproveitamos a ocasión para recordarlle que fomos uns nenos/as moi bos/as.

Esperamos que a súa ruta desta noite sexa agradable…

Todos e todas contamos coa súa visita

e xa lle temos preparado baixo a árbore, turrón e mazapáns para que repoña forzas e auga fresca para Rudolf e os seus amigos.

Papá Noel: O equipo educativo tamén espera a túa visita!!!!!

Aniversario de Jorge

Jorge da Aula dos Chibos Chibóns da Tarde tamén estivo de aniversario a pasada semana e o quixo festexar cos seus amiguiños e amiguiñas.

Mirade que ben o pasaron!

Aniversario de Laura

Na Aula da Cebra Camila estivemos de celebracións, Laura festexou o seu primeiro aniversario e quixo invitar aos seus compañeiros e compañeiras a unha gran festa.

Pasouno fenomenal!

O Espazo das familias: Xogo e Xoguete.

O pasado mércores 10 de decembro tivemos unha nova experiencia na nosa galescola coa actividade de Xogo e Xoguete no “Espazo das familias”.

Consideramos que o xogo é unha das actividades do neno e da nena a través do cal desenvolve as diferentes capacidades (motora, lingüística, intelectual, afectiva, social…). Por iso é importante que lles proporcionemos espazos e xoguetes axeitados á súa idade.

Dado a proximidade do Nadal considerouse oportuno, tras un consenso de educadoras e familias, tratar este tema do xogo e dos xoguetes. Para iso leváronse a cabo as seguintes actividades entre todos/as os/as que estivemos presentes neste espazo:

Para comezar, e romper un pouquiño o xeo, fixemos un xogo de presentación, que consistía en lanzarnos unha pelota e dicir o noso nome e o das crianzas:

Logo colocamos unhas pelotas de papel feitas por nós (que tiñan o nome das crianzas e dos/das seus/súas pais/nais) nunha manta para tiralas ao aire e coller a que tocase. A ver se todos os presentes sabiamos a quen correspondía cada unha das pelotas:

Con este xogo familias, educadoras e crianzas entretivémonos moito. Deunos para repetilo varias veces, ata que xa nos aprendemos os nomes de todas e todos.

Despois de coñecernos deixamos que as crianzas xogasen ao xogo heurístico, dando pé a facer unhas preguntiñas ás familias coa intención de reflexionar sobre a importancia do xogo nestas idades.

Para finalizar a xornada elaboramos un xoguete de refugallo: O Zapatóns.

Soamente fixeron falta uns cartóns, globos, rotuladores e pinturas para que cada un lle dese o seu toque persoal.

Ao final repartíuselle ás familias uns dípticos informativos do xogo e unha guía cos xoguetes máis axeitados según as idades dos/as nenos/as que podedes ver no seguinte enlace.

guia-do-xoguete1

Os Trotamúsicos!!!

Unha das rutinas que se levan a cabo dentro da nosa galescola é o tempo adicado á Música. Os nenos e as nenas de todas as idades gozan moito con estas actividades nas que poden manipular os instrumentos musicais, cantar cancións cos/coas adultos/as, escoitar a música que sae da radio, dar palmas…

A continuación unha mostra do ben que o pasan as crianzas nas aulas cos instrumentos e as súas mestras.