Arquivos de: Decembro 2, 2008

Semana dos Dereitos dos nenos e das nenas

Na nosa galescola quixemos celebrar por todo o alto a “Semana dos dereitos dos nenos e das nenas”. Cada aula traballou un dos dereitos coas crianzas e logo puxémolos en común nun gran mural do corredoiro, para que a ninguén se lle esqueza que os nenos e as nenas tamén teñen os seus propios dereitos.

A Aula de Garbanciño traballou o Dereito á Educación e ao Xogo. Só hai que ver como gozan as crianzas cos libros e instrumentos da clase.

Na Aula de Cebra Camila traballaron o Dereito á alimentación, quedando claro que non importa quen sexas nin de onde veñas para saber que todos e todas temos os nosos dereitos.

Na Aula de Coelliño Branco deixaron claro que todos e todas temos Dereito a ter un nome.

Nas dúas aulas de 2-3 traballaron o Dereito á atención sanitaria e a ter unha familia.

E sobre todo temos Dereito a ser nenos.

Como resultado final quixemos plasmar todo o traballo da semana nun gran mural no corredoiro da galescola.