Arquivos de: Decembro 10, 2008

Camiñando polo mundo: Semana da interculturalidade

Despois de celebrar a “Semana dos dereitos dos nenos e das nenas”, todas as crianzas quedamos coa curiosidade de coñecer outras culturas. Así, logo de falar nas asembleas das aulas sobre outros nenos e outras nenas doutros países, e de mirar fotos de crianzas doutras razas e culturas comezamos a traballar.

Os nenos e as nenas da Aula de Garbanciño, aínda que todavía non son, pola súa curta idade, moi conscientes da importancia da interculturalidade, tamén quixeron aportar o seu traballo para este tema.

Pintaron unhas bolas de porispán de cor azul con pintura de dedos, que logo coa nosa axuda convertéronse nuns pequenos mundiños. Tamén axudáronnos a pintar o mundo dun gran mural.

Os “ratiños” e “ratiñas” pasámolo xenial posando para o noso mural. Senón mirade a Antía e Adrián, que ben o pasan ao facer a súa silueta. Ademais, co grandes pintores que son pintaron os seus bonecos de cores.

As crianzas de Tres Porquiños tamén pintamos os nosos bonecos. Ademais, ao igual que o conto dos Tres Porquiños os nosos bonecos eran un grande, outro mediano e outro pequeno.

Nas Aulas de Coelliño Branco e de Chibos Chibóns tamén quixemos participar destas actividades, e para iso decidimos facer unha gran cadea de cores, para todos e todas xuntos e xuntas percorrer o mundo.

Os Chibos Chibóns levamos unha grata sorpresa cando recibimos a visita de David, un dos nosos educadores, que agora está na Escola Infantil de Illa. David animouse a camiñar polo mundo connosco.

Os Chibos Chibóns da tarde decidimos pintar as nosas caras coma os antigos indios americanos. Logo quixemos coñecer a cultura asiática, así que fixemos os nosos propios gorros da antiga China. Itziar está guapísima, non credes? Tamén probamos o mango, unha froita moi rica, que nos dixo a profe Seli que é de Sudamérica. Que rica que estaba!