O Espazo das familias: Xogo e Xoguete.
17 Dec 2008
O pasado mércores 10 de decembro tivemos unha nova experiencia na nosa galescola coa actividade de Xogo e Xoguete no “Espazo das familias”.
Consideramos que o xogo é unha das actividades do neno e da nena a través do cal desenvolve as diferentes capacidades (motora, lingüística, intelectual, afectiva, social…). Por iso é importante que lles proporcionemos espazos e xoguetes axeitados á súa idade.
Dado a proximidade do Nadal considerouse oportuno, tras un consenso de educadoras e familias, tratar este tema do xogo e dos xoguetes. Para iso leváronse a cabo as seguintes actividades entre todos/as os/as que estivemos presentes neste espazo:
Para comezar, e romper un pouquiño o xeo, fixemos un xogo de presentación, que consistía en lanzarnos unha pelota e dicir o noso nome e o das crianzas:
Logo colocamos unhas pelotas de papel feitas por nós (que tiñan o nome das crianzas e dos/das seus/súas pais/nais) nunha manta para tiralas ao aire e coller a que tocase. A ver se todos os presentes sabiamos a quen correspondía cada unha das pelotas:
Con este xogo familias, educadoras e crianzas entretivémonos moito. Deunos para repetilo varias veces, ata que xa nos aprendemos os nomes de todas e todos.
Despois de coñecernos deixamos que as crianzas xogasen ao xogo heurístico, dando pé a facer unhas preguntiñas ás familias coa intención de reflexionar sobre a importancia do xogo nestas idades.
Para finalizar a xornada elaboramos un xoguete de refugallo: O Zapatóns.
Soamente fixeron falta uns cartóns, globos, rotuladores e pinturas para que cada un lle dese o seu toque persoal.
Ao final repartíuselle ás familias uns dípticos informativos do xogo e unha guía cos xoguetes máis axeitados según as idades dos/as nenos/as que podedes ver no seguinte enlace.





