Adornamos a nosa árbore de Nadal
26 Dec 2008
Ao longo de todo o mes de decembro, dende os máis pequechiños e pequechiñas aos maiores, estivemos traballando moito, e unha das actividades que máis nos gustou foi a de adornar a nosa propia árbore de nadal.
As crianzas de Garbanciño, aínda que somos os máis pequenos da galescola, gozamos moito creando e manipulando as bolas da nosa árbore.
Aos nenos e nenas de Cebra Camila encantounos adornar a árbore do centro cos adornos que fixemos na clase ao longo da semana.
Os “ratiños” e “ratiñas” gozamos moitísimo pintando as boliñas para poñer na árbore
Cando xa secaron decidimos ir ao abeto para colgalas e que as nosas familias as visen ao entrar na galescola.
Os nenos e nenas da aula dos Tres porquiños quixemos participar de tan divertida festa, así que tamén axudamos a poñer fermosa a árbore
Os Chibos Chibóns estivemos traballando moito; primeiro pintamos unhas boliñas con pintura de dedos…
e logo fomos ao corredor da entrada para colgalas na árbore
Os coelliños, como somos os maiores da galescola, traballamos a reo e fixemos unhas bolas de nadal de cartolina
Quedáronnos chulísimas!!
e ao rematar tan laboriosa tarefa fomos a regalarlle as nosas bolas a árbore de nadal
Aos Chibos Chibóns da Tarde encántanos o nadal, así que decidimos todos xuntos facer unhas boliñas de arxila, pintalas e darllas de agasallo de nadal a nosa árbore
Despois de rematalas fomos ao corredor para colgalas no abeto, e aínda tivemos tempo para sacar unha foto de grupo. Saímos guapísimos, non credes?
E para rematar gustaríanos ensinarvos o resultado final de tanto esforzo e traballo










Deixar un comentario