28
Xan
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
A semana pasada celebrouse por todo o alto o aniversario de Pablo, da Aula de Coelliño Branco. Todas e todos as/os nenas/os da súa clase quixeron festexar con el o seu terceiro aniversario cunha gran torta e agasalláronlle cunha coroa moi chula, na que todas e todos colaboraron ao facela.
Ollade como gozaron deste día!!!

28
Xan
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
Na Aula dos Tres Porquiños celebráronse aniversarios dos maiorciños da clase: Yago e Kevin cumpriron dous aniños.
Aquí vos vai unha mostra da súa festa:
O anivesario de Kevin:

A festa de Yago:

26
Xan
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
Alba, da Aula dos Tres Porquiños, cumpliu dous anos e quixo festexalo coas/cos súas/seus compañeiras/os da súa clase. A verdade que se puxeron as botas comendo a torta.

26
Xan
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
A semana pasada o noso compañeiro Marcos, da Aula de Garbanciño, cumpriu un ano.
Ollade o ben que o pasaron co festexo do seu aniversario.

21
Xan
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar

O noso amigo Iván da aula de Garbanciño xa ten un ano. Gozou enormemente da súa festa, da súa coroa e dos/as seus/súas compañeiros/as.
16
Xan
2009
Sen clasificar
Os Chibos Chibóns e os Coelliños Brancos traballamos, corremos e saltamos moito ao longo da mañán, por iso, antes de ir ao comedor temos por costume relaxarnos un pouquiño, para que nos preste mellor a comida.

Mirade que tranquiliños e relaxados estamos!!!

09
Xan
2009
Sen clasificar
Os Chibos Chibóns da tarde tamén quixemos facer os nosos propios instrumentos musicais; así que de contado puxémonos a traballar.
Primeiro estivemos vendo as canas que nos trouxeron as “profes” e os garbanzos e as fabas (que por certo non se poden comer porque están cruas).
Como as canas estaban ocas metemos as fabas e os garbanzos dentro, e por último as “profes” pecharon as canas polos laterais para que non caísen as fabas.
Sabedes? Cando movemos as canas fan un ruidiño moi chulo que nunca antes escoitáramos.
Cando queirades vinde pola nosa aula a tocar os nosos instrumentos.

08
Xan
2009
Sen clasificar
Como somos uns nenos e nenas moi concienciados co medio ambiente estes días pedímoslles ás nosas PSX se podían gardarnos os botes de iogures.
Cando xa estiveron lavados e secos decidimos que queriamos pegarlles gomets de moitas cores (para que quedasen moi chulos), despois enchémolos de fabas, lentellas e garbanzos para que fisexen ruído, e por último, coa axuda das educadoras puxémoslles papeis de cores como tapas.

Traballamos a reo, pero o resultado foi marabilloso, xa que nós soíños fomos capaces de construír instrumentos musicais.
Esperamos poder construír pronto máis instrumentos.

07
Xan
2009
Sen clasificar
Os grandiños/as da galescola pasámolo moi ben ao longo de todo o Nadal; tivemos tempo para xogar, rir, bailar, traballar… pero unha das cousas que máis nos gustou foi descubrir que con un tambor e unhas cantas pandeiretas se podía facer unha gran festa.
Os coelliños e coelliñas pasárono moi ben tacando os instrumentos de Nadal.

Os Chibos Chibóns tamén fixemos unha gran festa ao son das pandeiretas e o tambor.

Que estilo! Que ben tocan e bailan os/as nosos/as cativos/as!!!
05
Xan
2009
Sen clasificar
Os maiores da Escola Infantil decidimos escribirlle unha carta aos Reis Magos. Como as súas maxestades teñen que agasallar a moitos nenos decidimos escoller nas revistas de xoguetes só o que máis ilusión nos facía.


A verdade é que fomos moi bos todo o ano e contamos con que o teñan en conta e nos deixen polo menos algo do que lle pedimos.