Arquivos de: Xaneiro 8, 2009

A RECICLAXE

Como somos uns nenos e nenas moi concienciados co medio ambiente estes días pedímoslles ás nosas PSX se podían gardarnos os botes de iogures. 

Cando xa estiveron lavados e secos decidimos que queriamos pegarlles gomets de moitas cores (para que quedasen moi chulos), despois enchémolos de fabas, lentellas e garbanzos  para que fisexen ruído, e por último, coa axuda das educadoras puxémoslles papeis de cores como tapas.

Traballamos a reo, pero o resultado foi marabilloso, xa que nós soíños fomos capaces de construír instrumentos musicais.

Esperamos poder construír pronto máis instrumentos.