26
Feb
2009
Sen clasificar
Prezadas familias,
Lembrámosvos que o vindeiro luns 2 de marzo ás 18:30 horas temos o Espazo das familias coa temática proposta “Alimentación e autonomía da/o nena/o”.
Contamos coa vosa asistencia e coa das/os vosas/os fillas/os para participar nesta actividade.
Un saúdo de todo o equipo educativo da Escola Infantil.
25
Feb
2009
Etiquetas: Parabéns 2008/09
Sen clasificar
O noso compañeiro Martín da aula de Coelliño Branco estivo de Aniversario, e decidimos celebralo cunha gran festa. Mirade que Guapísimos estamos todos disfrazados. É que a Poio tamén chegou o entroido!

25
Feb
2009
Sen clasificar
O Papá de Uxía, da aula dos Chibos Chibóns, é Xefe de Obra.
Como ten que traballar moito non puido quedarse na galescola para contarnos polo miúdo como é o seu emprego, pero nos trouxo un casco de obra, que nos deixou quedar na clase todo o mes, para que soubésemos algo do seu emprego.
Mirade que contenta está Uxía co casco do seu papá!
Cando o Papá marchou para traballar esa mañá Uxía díxonos, moi chea de razón e orgullosa:
- O papá de Uxía vai a un piso novo; vai traballar!.
(como podedes ver as crianzas comprenden onde traballan os seus papás e mamás e a que se adican)

25
Feb
2009
Sen clasificar
Unha das últimas visitas que tivemos na nosa galescola foi a do Bisavó de Lucía, da aula de Garbanciño. Sabedes? Traballou como Xefe de Estación.
O Bisavó de Lucía non só se achegou polo “cole” senón que tamén nos trouxo unha maqueta de trens, pasámolo xenial mirando como se movían, igualiño ca os de verdade.
Mirade que cara de felicidade teñen as/os nosas/os compañeiras e compañeiros!

Noa, Naia, Sariña e Alicia de maiores queren ser Xefas de Estación coma O Bisavó de Lucía

Como non podía ser menos o Bisavó de Lucía pasou pola aula de Garbanciño: mirade que contentas están todas as crianzas, pero sobre todo fixádevos na cara de ledicia do Bisavó, que o pasou moi ben no noso “cole”.

23
Feb
2009
Sen clasificar
Nesta ocasión tocoulle a quenda ao tío de Lucía, da aula de Garbanciño, que veu pola galescola co seu mono de traballo, o seu gato (que non era o gatiño dos contos que fai “míau”, senón un trebello para levantar os coches) e as súas ferramentas de traballo.
Sabedes? O Tío de Lucía é mecánico!!! e ensinounos a cambiar unha roda, ademais tamén nos ensinou como é un coche por dentro, iso que os maiores chaman o motor ou algo así.
Pero o máis divertido de todo foi ver como se levantaba o coche para cambiarlle unha roda.
En resumo que o pasamos moi ben!!!
Grazas por vir a ensinarnos o teu emprego Martín!!

23
Feb
2009
Etiquetas: Curso 2008-2009
Sen clasificar
Ao longo de todo o inverno fixo moito frío e choveu moitísimo, por iso en cada aula nas nosas asembleas da mañá estivemos a falar sobre o frío que facía e canto chovía. Ao final decidimos facer uns murais moi bonitos e traballar o inverno da seguinte maneira:
Os/as mais pequechos/as da Escola Infantil, os nenos/as da aula de Garbanciño manipularon neve artificial e pintaron uns copos de neve con pintura de dedos blanca. So hai que mirar as suas caras para decatarse de que foi toda unha experiencia

Na aula de Cebra Camila decidimos facer un gran Boneco de Neve. É tan grande coma nós! Ademais foi divertidísimo vestilo con roupa de inverno.

Os nenos e nenas de Ratiña Presumida tamén gozamos moito pintando con pintura de dedos branca ao noso bonequiño de neve. Mirade a Xoán que ben o pasa empregando as mans para pintar!
Foi moi divertido!

As crianzas de Tres Porquiños decidimos facer un gran mural cheo de folerpas de neve. Para facer a neve empregamos pintura de dedos branca, unhas esponxas e as nosas mans. Ao rematar a nosa obra de arte fomos todos a… Lavar as mans!.

As nenas e nenos de Chibos Chibóns empregámonos a fondo na elaboración do mural de inverno, para iso fixemos un boneco e unha boneca de neve chulísimos aos que vestimos e lles botamos purpurina de cores.
Mirade que concentrados están os/as nosos/as compañeiros/as!!!


As crianzas de Coelliño Branco tamén fixemos un gran mural de inverno co noso propio Boneco de Neve.
Para facelo empregamos un pouco de papel hixiénico, cartolinas, gomets, cartóns, pintura de dedos, e…
Moitísima imaxinación!!
Que ben o pasamos!!

Os Chibos Chibóns da Tarde tamén fixemos o noso mural de inverno. Como somos tan orixinais decidimos que as folerpiñas de neve quedarían moi chulas estampadas no cristal da ventá. Á nosa compañeira Itziar gustoulle moitísimo.
Que chulo nos quedou!
Ademais estivo xenial iso de pintar coas mans sobre o boneco de neve.
20
Feb
2009
Sen clasificar
As nenas e os nenos da nosa galescola descubrimos que moitas das nosas mamás e avoas adícanse a un mesmo emprego, son Perruqueiras!!
E tivemos a gran sorte de que algunhas delas aproveitaron o seu día libre nos seus traballos para vir a ensinarnos como é o emprego de perruqueira.
Unha desas mamás que nos acompañou ao longo da mañá e nos amosou o seu emprego foi A Mamá de Lola.
A Mamá de Lola peiteounos a todos, e nós pasámolo xenial peiteando ás “profes” e entre nós.
Mirade ao noso compañeiro Sergio que guapo está coas pinzas no pelo! E que vos parece Martín! de seguro que de maior será un gran perruqueiro.
Lola de maior quere ser perruqueira como mamá, dálle moito xeito, fixádevos que ben peitea a Uxía.

Tamén se achegou pola galescola a Avoa de Sara Neira.
Tróuxonos unhas bonequiñas para que peiteásemos nós mesmos/as e lle puxésemos os “rulos”( a Avoíña de Sara contounos que os “rulos” serven para que as mamás e as avoíñas poñan o pelo crecho).
Foi moi divertido peitear á boneca e tamén peitearnos nós. A Uxía, Raquel e Martín encantoulles o secador do pelo, mentras que Noa e Irene preferiron poñerlle “os rulos” á boneca.

A Mamá de Antía en canto lle comentamos que queriamos traballar os empregos ofreceuse a pasar polo “cole” e regalarnos unha sesión de perruquería.
Tanto nos gustou que logo nos peiteamos nós mesmos: a nosa amiguiña Noa empeñouse en peitear á “profe Tere”, e Sergio como é un presumido preferiu peitearse el mesmo. Pasámolo Xenial!!
Despois de tantas sesións de perruquería cremos que temos moitas aptitudes para ser perruqueiros e perruqueiras de maiores!!

Gracias a todas por ser tan boas con nós!!
20
Feb
2009
Sen clasificar
Nesta ocasión foi a O Papá de Sergio, da aula dos Chibos Chibóns, quen se ofreceu a ensinarnos o seu camión, porque o seu emprego é o de Camioneiro.
O camión é moi grande!
Encantounos subir a el!
Sobre todo a Iago e a Montxo que se sentiron como grandes profesionais do camión. Pero quen gozou moitísimo con esta actividade foi Sergio, que estaba moi orgulloso de que o seu papá viñese a galescola a ensinarnos o seu oficio e o seu camión.
Gracias Papi!!

19
Feb
2009
Sen clasificar
O Outro día achegouse ao cole O Papá de Irene.
Que sorpresa; O papá de Irene é Garda Civil!!

Sabedes? tróuxonos unhas “espadas láser” moi chulas, que serven para parar aos coches pola noite, a ademais nos estivo a contar como é o seu traballo como Garda Civil.
Pasámolo xenial con el!
Grazas Papi!!!
19
Feb
2009
Sen clasificar
As crianzas das aulas de Chibos Chibóns e de Coelliño Branco decidimos facer unha pequena degustación dos diferentes produtos que empregamos diariamente nas nosas cociñas, para así poder diferenciar as diferentes texturas e sensacións que nos proporcionan os alimentos (Doce, Salgado, agreo…)

Ao noso amigo Martín custoulle moito decidirse a probar os produtos, sen embargo Raquel e Sariña non o pensaron dúas veces.
Por outro lado a Lola non lle gustou nadiña o sabor do vinagre.

En Coelliño Branco tamén quixemos experimentar cos produtos da cociña.
Á nosa compañeira Irene encantoulle o cacao en po. Mirade que cariña de satisfacción! mentras que a Paulo non lle fixo ningunha gracia probar o tomate frito.
Iso si, pasámolo tan ben que esperamos volver a repetir a experiencia con outros produtos.