Os Empregos I

Como xa vos comentamos estes días pasados estivemos traballando os empregos, e ninguén mellor que as nosas familias para explicarnos que é un emprego,  a que se adican as nosas mamás, as avoas, os nosos papás, os bisavós…

O Papá de Noa (da aula de Chibos Chibóns) veu pola clase a ensinarnos cal é o seu emprego, e que chulas son as súas ferramentas.
Sabedes? O Papá de Noa é canteiro, ( no noso concello hai unha gran tradición en canto á cantería) traballa coa pedra, e fai unhas esculturas moi bonitas.
Mirade! Mirade!

Que ben o pasamos!!

Grazas Papi!!!

TrackBack URI | RSS para os comentarios desta anotación

2 Comentarios

  1. 1 tere-poio
    2009 Feb 17

    É Marabilloso ver como colaboran as familias neste centro. Só hai que que facer un pequeno comentarío e xa temos a todas as familias desexando colaborar.
    Moitísimas gracias a todos e todas.
    Sodes Xeniais!!!

  2. 2 ana
    2009 Feb 17

    Claro q si como ten q ser este cole mola moito , agora tocanos o entroido asi q a preparar os disfraces e a pasalo ben , eu xa teño o meu listo.


Deixar un comentario